Ribeira súbese ao bus do Centro Dramático Galego para asistir a Hamlet en Santiago

02 Abril 2026

O Concello de Ribeira volve sumarse ao programa de mobilidade teatral “Sobes ao autobús do teatro?” do Centro Dramático Galego, que permitirá á veciñanza desprazarse ata Santiago de Compostela o vindeiro 10 de abril para asistir á representación de Hamlet.

A función terá lugar no Salón Teatro, e o autobús partirá ás 15.45 horas desde a estación de Ribeira. O prezo conxunto do desprazamento e da entrada é de 5 euros.

As persoas interesadas en participar nesta iniciativa deberán reservar praza antes do 9 de abril, ben por teléfono ou a través de correo electrónico en horario de atención ao público.

A obra Hamlet, do dramaturgo William Shakespeare, preséntase nesta ocasión nunha versión galega contemporánea dirixida por Tito Asorey, quen asina a adaptación xunto á dramaturga Vanesa Sotelo. Trátase dunha produción propia de gran formato do Centro Dramático Galego, con 16 intérpretes en escena.

Publicada en 1603, a traxedia do príncipe danés chega agora reinterpretada desde unha óptica actual, abordando cuestións como a identidade, a ética ou o impacto das novas tecnoloxías, nun diálogo coa sociedade contemporánea e cos retos da era das intelixencias artificiais.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.