Ribeira pechará o mes das Letras Galegas con varios concertos dirixidos á xuventude con 9Louro como cabeza de cartel

29 Abril 2026

A mocidade de Ribeira desfrutará das músicas máis novas de Galicia cos concertos Fálame así, cántame así #XuventudeDeRibeira que impulsa o Concello para a noite do 29 de maio, a partir das 22.00 horas, co Parque García Bayón como epicentro. O artista 9Louro é o cabeza de cartel, no que tamén figuran a cantante Alddara e os DJ Diego Tercero, Mateo Fajardo e Mateo Abelleira.

Nesta proposta converxen música e dinamización do uso do galego entre a xente moza do municipio con letras no nosa lingua. Promóvese así esta xuntanza arredor da música para pechar o mes das Letras Galegas.

“Ribeira é testemuña e berce de músicos como Aida Tarrío, das Tanxugueiras, como xa o fora de Heredeiros da Crus; dous claros exemplos de que a creación musical é un moi bo motor de uso do galego tamén na mocidade. Quen non lembra, algunhas das míticas cancións en galego que se escoitaban no programa infantil do Xabarín Club; programa co que desfrutamos tódalas tardes sendo nenos e nenas”, comezou a súa intervención a alcaldesa, María Sampedro, na compaña das concelleiras de Educación e Xuventude, Nucha Brión e Carmen Pérez, respectivamente.

En base ao devandito, o Concello optou por lanzar esta proposta con artistas referentes a nivel galego e comarcal nunha aposta por ofrecerlle á xuventude “tempo de lecer coa música como protagonista, apostando pola creación nosa e en galego”.

A rexedora aproveitou a ocasión para agradecer a colaboración que a Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia sempre presta á Administración local por medio do Servizo de Normalización Lingüística.

Lembrou que 9Louro destaca por facer música urbana en galego e estará acompañado nesta noite musical por Alddara, cantante que pasou polo programa Operación Triunfo, ademais de Diego Tercero, Mateo Fajardo e Mateo Abelleira, máximos expoñentes da música de mesturas na comarca, quen amenizarán ata o remate.

Ademais, terán cabida os DJ noveis que se están formando no curso que se imparte na Casa da Xuventude, polo que terán ocasión de demostrar o xa aprendido nas clases. Esta acción terá lugar antes do inicio dos concertos mencionados, ás 21.00 horas, para ir marcando xa o ritmo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.