Ribeira acolle o sábado 18 a nova quedada moteira de Os Reventapistóns

06 Abril 2026


O club Os Rebentapistóns (Os Reventapistóns) celebrarán a súa oitava quedada no sábado, 18 de abril, coa praza de España de Ribeira como epicentro da actividade moteira que conta coa colaboración do Concello, servindo de antesala á concentración que está prevista para o mes de setembro. Durante a súa intervención, o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, felicitou á entidade organizadora por este evento que pretende poñer en valor unha disciplina deportiva do mundo do motor. O edil tamén destacou que “cando fan estas quedadas sempre teñen algunha actividade lúdico-deportiva, traen grandes espectáculos, fan probas para tódolos asistentes e, un ano máis, consolídanse como un club referente, non só de Ribeira e da comarca do Barbanza, senón que tamén autonómico e, incluso a nivel nacional”.

Pola súa parte, o seu homólogo de Festexos, Fernando Abraldes, manifestou que esta oitava edición da quedada contribuirá a seguir dinamizando social e economicamente o municipio despois da Semana Santa. “É unha quedada moi importante para Ribeira e agradecer ao club pola planificación tan boa que fixeron de cartel”, indicou.

En representación do club estiveron Juan González, José Francisco Mallo e Pablo Blanco, quen sinalaron que “isto é un aperitivo do que vén despois que xa é outro nivel”.

A xornada comezará ás 11.30 horas con música da man de Cabina DJ para, arredor das 12.30 horas, comezar coa sesión vermú amenizada nos bares da contorna da praza e, ás 14.00 horas, comer as racións de churrasco que se repartirán a un prezo de 3 euros cada unha, ademais da opción de food truck.

O groso da acción concentrarase na tarde e dará inicio ás 15.45 horas coas Motos a cegas, un concurso no que apalpar e escoitar con premios previo á saída de ruta mototurística pola zona ás 17.15 horas.

Tamén haberá espectáculo romperrodas, ás 18.30 horas; Reventa trompeta, ás 19.00 horas; e, ás 19.20 horas, empezarán as probas de carreira de lentos, salchicha colgante e proba de ruído. O colofón desta quedada virá cos sorteos cortesía de Deza Racing Padín, ás 20.00 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.