Rematan este domingo 26 as Festas de San Marcos cun amplo programa de plans para gozar en familia

26 Abril 2026

A vila de Noia celebra esta fin de semana unha nova edición das Festas de San Marcos, unha das citas máis destacadas do calendario festivo local, que este ano aposta por combinar a tradición máis arraigada con propostas renovadas para todos os públicos.

As festas chegan este domingo 26 de abril ao seu remate cun amplo abano de plans para “gozar en familia”, segundo informou o Concello. As actividades comezan ás 9.00 horas no peirao do Marqués, coas bombas de palenque, para logo tomar o protagonismo as dianas e alboradas da Banda de Música de Noia.

Ás 13.30 horas haberá un concerto no palco de música ca Alameda, a cargo de Banda de Música de Noia.

Pola tarde, a partir das 17.00 haberá actividades de lecer (xogos, inchábeis, obradoiros) para a rapazada na Alameda.

Xa contra a noite, a praza do Tapal acollerá a partir das 21.00 horas o certo de Petardeo. Tamén actuarán A Banda de Sequío, e os humoristas-monologuistas Federico Pérez, Oswaldo Digón e Pepo Suevos.

A troula rematará ás 21.30 horas na Alameda, con verbena a cargo da orquestra New York.

Recuperando a tradición cabalar

O programa da edición 2026 das festas puxo o foco na recuperación do protagonismo do mundo cabalar, elemento esencial desta celebración histórica. Así o subliñou 0o concelleiro de Festexos, Manolo Seijas, quen destacou que esta edición busca “recuperar o mellor da tradición cabalar da feira, dándolle o protagonismo que merece e integrando o mundo do cabalo de maneira activa na programación”.

O alcalde de Noia, Fran Pérez, destacou o orgullo que supón presentar esta nova edición tras o éxito doutras celebracións recentes na vila, como o Nadal ou o Entroido, e reafirmou o compromiso do goberno local coa dinamización cultural e económica. “San Marcos ocupa un espazo moi especial nos nosos corazóns”, sinalou, convidando tanto á veciñanza como a visitantes de toda a contorna a sumarse á celebración.

As Festas de San Marcos celebráronse así cunha programación que busca consolidar a súa identidade tradicional ao tempo que se adapta aos novos tempos, convertendo Noia nun referente festivo na comarca.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.