Quico Cadaval achega este luns unha actuación no Hospital do Barbanza en apoio ao peche da Plataforma

30 Abril 2026

O vindeiro luns, 4 de maio, ás 20.00 h, Quico Cadaval, o polifacético artista orixinario de Ribeira, estará no Hospital da Barbanza para animar as persoas que continúan protestando contra os responsábeis sanitarios na comarca e que reclaman a redución das listas de espera. Cadaval achegará o espectáculo Noite de Conto. Será un acto aberto en apoio do peche no Hospital.

Lembrar que as cidadás que compoñen a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza comezaron o pasado martes, 21 de abril, concentracións neste hospital público para solicitar unha xuntanza cos responsábeis da xestión sanitaria na comarca. O obxectivo, lembran, “é reclamar transparencia nas listas de espera e que estas se axilicen”. Fronte a unha nova negativa a reunirse coas representantes da Plataforma, ao día seguinte decidiuse pasar das concentracións matinais a un peche continuado na entrada do Hospital da Barbanza. Recordan tamén que “a primeira solicitude de reunión foi hai xa 819 días”.

E engaden: “Até o de agora os datos feitos públicos polo SERGAS non recollen fidedignamente a realidade da situación relativa ás listas de espera: esquecen sempre as segundas consultas e as probas diagnósticas solicitadas nesas segundas consultas, que en ocasións supoñen demoras de máis dun ano”. Apuntan tamén que “a situación das primeiras consultas non é moito mellor, xa que as cifras ofrecidas fan a media entre consultas primeiras urxentes, preferentes e ordinarias, o que implica que un número significativo de pacientes debe esperar bastante máis ca esa media”.

Club de Lectura de Ribeira

Tamén en apoio ao peche no Hospital da Barbanza, o Club de Lectura de Ribeira trasladará hoxe xoves, 30 de abril, a súa xuntanza. Pasará de celebrarse no Ateneo Valle-Inclán a ter lugar na entrada do Hospital, ás 20.30 h.

Continúan tamén as concentracións nos centros de saúde

Ademais do peche indefinido no Hospital, continúan as concentracións nos centros de saúde:

Hoxe, xoves, 30 de abril (último xoves do mes), ás 12 h: diante do Centro de Saúde de Ribeira, haberá concentración para reclamar a cobertura de todas as ausencias: unha praza de tarde de médico de familia (de 14 totais), unha praza de tarde de enfermería e unha praza de tarde de matrona (de 2 totais), que se está a cubrir cunha matrona que acude 3-4 horas tres días por semana.

O vindeiro martes, 5 de maio (primeiro martes do mes), ás 19 h: diante do Centro de Saúde de Rianxo, haberá concentración para reclamar a apertura do PAC as 24 horas, a necesidade dunha ambulancia as 24 horas, o reforzo de pediatría e a cobertura de ausencias.

Ademais, a Plataforma informa que “de maneira excepcional e por mor de ser festivo, o venres 1 de maio non haberá as habituais concentracións semanais na Pobra do Caramiñal e en Aguiño”.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.