Proseguen as mobilizacións e o peche no Hospital de Barbanza, este mediodía “soterrarase” simbolicamente a sanidade pública

28 Abril 2026

A Plataforma Defensa Sanidade Pública Barbanza cumpriu xa seis noites de peche nas instalacións sanitarias do Hospital da Barbanza, nunha protesta coa que buscan abrir un diálogo coa xerencia da área sanitaria e a dirección do centro.

O colectivo reclama transparencia nas listas de espera e medidas reais para reducir os tempos de atención.

Denuncian “as prolongadas demoras na agarda en atención especializada” e esixen, como dixemos, unha xuntanza co xerente da Área Sanitaria e co director do Hospital do Barbanza.

Dende a Plataforma explicaron este martes 28 de abril nun breve comunicado que “hoxe fan 816 días dende que solicitamos por primeira vez reunirnos co xerente de área e o director do hospital, e 6 días de peche. Só queremos reunirnos co xerente da área sanitaria e o director do hospital para falar das listas de espera reais e como abordar a súa diminución”.

Este martes 28 de abril ás 12.00 horas, diante do Hospital de Barbanza, terá lugar o enterro da sanidade pública.

O peche comezou o pasado martes 21 a xeito de concentración matinal de seis horas e prolongouse logo coas quendas do peche indefinido. Acordouse amplificar as reivindicacións ante “o silencio respecto da petición dunha reunión”. Segundo advertiu a plataforma a primeira hora deste xoves, o peche “continuará até que se reúnan co xerente da área sanitaria e co director do hospital para falar das listas espera reais e como abordar a súa dimensión”.

Outros artigos

O Concello de Ribeira reivindica o Orgullo con música e cine

O Concello de Ribeira celebrará o Día do Orgullo 2026 cunha completa axenda na que, ademais do acto institucional, non faltarán outras de carácter lúdico. Na presentación, a alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, xunto á concelleira de Igualdade, Ana Barreiro, e a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...