Portos e a Axencia Tributaria colaborarán no funcionamento das bases aduaneiras de Muros e Cee

15 Abril 2026

O presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, mantivo unha reunión co delegado especial da Axencia Tributaria (AEAT) en Galicia, Miguel Cárcaba para abordar a solicitude da administración estatal relativa ao funcionamento de bases de vixilancia aduaneira nos portos de Muros e Brens-Cee.

No encontro, celebrado na sede do ente público na Coruña, o delegado especial da Axencia Tributaria ratificou a vontade deste organismo de manter a actividade na base que actualmente utiliza o Servizo de vixilancia aduaneira no porto de Muros. Así mesmo crearase unha nova no porto de Brens co obxectivo de reforzar os medios materiais do servizo en Galicia.

Pola súa parte, o presidente de Portos afirmou que o ente público tramitará os permisos necesarios para facilitar a continuidade da base activa en Muros e a creación da de Brens para novas embarcacións. A nova base de Brens, incluirá tamén un novo peirao flotante para embarcacións que darán servizo tanto en alta mar como nas rías.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.