Porto do Son rende homenaxe este luns a José Antonio Vila Brión

24 Abril 2026

A Igrexa Parroquial de San Vicente de Noal de Porto do Son acollerá o vindeiro luns, 27 de abril, a partir das 12:00 horas, o acto de entrega da medalla de ouro a José Antonio Vila Brión, unha distinción coa que se recoñece a súa traxectoria e compromiso exemplares para co municipio.

O acto será público para que poidan asistir as veciñas e veciños que así o desexen. Contará coa distinguida presenza do Arcebispo de Santiago de Compostela, Francisco José Prieto, que oficializará a misa.

O alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, xunto a membros do goberno local tamén estarán presentes no acto.

Asistirán o alcalde, Luis Oujo, xunto a membros do Goberno; Magdalena Pérez Millares, M. Nazareth Cendan Galloso, Jesús María Fernández Rosende, deputados/as autonómicos; Comandante Xefe do Eva10, Capitán de la Garda Civil e Patrón Maior Porto do Son e Portosin.

Lugar: A Igrexa Parroquial de San Vicente de Noal de Porto do Son.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...