Padrón encara a recta final das Festas de Pascua 2026 cunha fin de semana chea de música e tradición

10 Abril 2026

O Concello de Padrón afronta esta fin de semana a recta final das Festas de Pascua 2026, que se despedirán cun amplo programa de actividades no que a música, a tradición e o deporte volverán ser protagonistas. As xornadas de sábado e domingo de Pascuilla reunirán actuacións de orquestras, música tradicional, eventos culturais e unha destacada cita deportiva internacional, consolidando unha edición que está a rexistrar unha das maiores afluencias de visitantes dos últimos anos.

Segundo explicou o Concello, u dos momentos máis especiais desta última fin de semana será a presenza dos catro grupos folclóricos de Padrón, que volverán encher de música e tradición a praza de Macías, reafirmando o papel das asociacións culturais locais na preservación e difusión do patrimonio musical galego.

A programación comezará o sábado de Pascuilla ás 12.30 horas cunha ruada do grupo folclórico Rosalía de Castro, acompañado de xigantes e cabezudos, que percorrerá as rúas do pobo levando o ambiente festivo a distintos puntos da vila.

Xa pola tarde, a praza de Macías converterase no escenario principal da música tradicional coa actuación da A.C. Rosalía de Castro, ás 18.00 horas, e da A.C. San Pedro de Carcacía, ás 19.30 horas, dúas entidades con ampla traxectoria na promoción da cultura popular.

O domingo de Pascuilla continuará o protagonismo das agrupacións locais. Ás 11.30 horas, o grupo folclórico San Pedro de Carcacía protagonizará unha nova ruada con xigantes e cabezudos, mentres que a música tradicional regresará á praza de Macías coas actuacións da A.C. Arreixeira, ás 12.30 horas, e da A.F.C. O Pedrón, ás 13.30 horas.

“Estas actuacións permiten que a Pascua de Padrón combine o ambiente festivo das grandes verbenas co orgullo pola cultura propia e polo traballo das asociacións culturais da vila”, explicou o Concello.

A xornada do sábado 11 de abril continuará ás 12.45 horas coa sesión vermú do grupo padronés UF75 na praza de Macías e, xa pola noite, a troula trasladarase ao recinto situado ao lado da gardería, onde a orquestra Atenas actuará ás 20.30 horas. Posteriormente, a orquestra La Fórmula ofrecerá a súa actuación ás 22.30 horas na praza Fondo de Vila.

Á medianoite (00.00 horas) celebrarase o tradicional espectáculo de fogos artificiais, tras o que terá lugar o segundo pase de La Fórmula ás 00.15 horas.

A festa prolongarase ata a madrugada no espazo Open Air, coa sesión Remember 90’s-2000’s ás 01.30 horas e a actuación do DJ Jorge Álvarez ás 03.00 horas.

Domingo de Pascuilla: ciclismo internacional e o Festival de Bandas Capital do Sar

O domingo 12 de abril comezará cunha das grandes citas deportivas da programación: a 63ª Clásica de Pascua – XXXVII Memorial Francisco Rodríguez Pazos, que partirá ás 10.00 horas desde o Campus Tecnolóxico Cortizo.

A carreira, cun percorrido de 166 quilómetros, pasará por municipios como Padrón, Rois ou Dodro e alcanza este ano nivel internacional ao integrarse na Challenge Futura coa categoría 1.2 do calendario da UCI.

Ao longo da mañá tamén terá lugar a xuntanza da Irmandade dos Fillos e Amigos de Padrón, que incluirá actos na Igrexa de Santiago, no paseo do Espolón e no Concello.

Xa pola tarde, ás 18.00 horas, a praza de Macías acollerá o XV Festival de Bandas Capital do Sar, que reunirá á Banda Artística de Merza, á Banda de Música de Castrelo-Cambados e á Banda de Música Municipal de Padrón, nun concerto ao aire libre que se ten consolidado como unha das citas culturais máis destacadas da Pascua.

A despedida musical chegará pola noite coas actuacións da orquestra Capitol, ás 20.00 horas na praza Fondo de Vila, e da orquestra Assia, que actuará ás 23.00 horas no recinto situado ao lado da gardería, poñendo o broche final ás festas ata o vindeiro ano.

“O amplo e variado programa de orquestras, actividades culturais e eventos deportivos reflicte o compromiso do Concello de Padrón por manter viva unha das tradicións festivas máis arraigadas da vila”, sinalou o Goberno local, engadindo que “nesta edición, as Festas da Pascua están a rexistrar unha afluencia de público excepcional, cun ambiente constante nas rúas, prazas e recintos festivos, consolidando Padrón como un dos grandes puntos de encontro festivo de Galicia durante estas datas”.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.