Outes comparte o cartel do Pampallín, 26ª edición

11 Abril 2026

A 26 edición da Festa do Pampallín (Outes) xa ten cartel. Haberá dúas xornadas de celebración: o 30 de abril (a partir das 22.00 horas na praza de Galicia) e o 1 de maio (a partir das 17.00). A axenda de actividades porá o foco na xuventude, coa actuación o primeiro día de Unto Vello, Broken Peach, Asacocirco, Grupo Cayena e 9Louro. Ao día seguinte haberá actividades para a rapazada durante a tarde (inchábeis e xogos tradicionais a cargo de Somos Enredos) e novamente circo con Asacocirco. A festa rematará co música urbana e DJ. Organiza o Concello en colaboración coa Xunta e a Deputación.

A festa do Pampallín de Outes é unha celebración tradicional e histórica co-impulsada dende o Concello e a través da cal festéxase o ciclo da primavera e a purificación propiciada polo lume (representado polos fachos de palla que dende tempos inmemoriais empregaban os labregos para ver de noite).

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Rúas de Lugo”. Xulio Xiz

“Rúas de Lugo”. Xulio Xiz

Refírome ás de fóra, as que levan o nome da nosa cidade polo mundo adiante. Destas, entendo que debería haber un censo se é que non está feito, e esixir un mínimo nivel estético – tamén ético? – para outorgarlles o placet, ainda que me temo que iso é algo que ninguén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.