Outes asume a segunda proba do Campionato Galego Inclusivo de Motonáutica

10 Abril 2026
Exterior do Centro Náutico do Freixo

Juan Caballero (texto). A Real Federación Galega de Motonáutica organiza a segunda proba que puntúa para o Campionato Galego Inclusivo de Motonáutica tendo por escenario, este sábado 11 de abril, a lámina de auga fronte á estación náutica do Freixo.

Tras o arranque, tamén en augas da ría de Muros e Noia o pasado 28 de marzo, tendo como porto de abrigo o Real Club Náutico Portosín, Outes convértese na segunda localidade da comarca que acolle a competición.

Parten como favoritos os vigueses José Luís Fernández e Montserrat Pérez, que gañaron no Son o arranque do campionato, tanto o galego como o nacional, patrocinado polo Grupo Davila.

Séguenlle no medalleiro provisional os lalinenses Cristina García e José Manuel Santiso, e os noieses Joaquín Barrio Guldrís e Joaquín Barrio Bouzas.

Excepcional o nivel demostrado polos pilotos na primeira convocatoria, con éxito de participación, o mesmo que espera no Freixo.

O Campionato Galego Inclusivo de Motonáutica está patrocinado por Deporte Galego da Xunta de Galicia e o Grupo Davila, baixo a organización da Real Federación Galega de Motonáutica e a Asociación ADECO-DEA.

A competición está baseada en probas de destreza e pericia, combinadas con slalom entre boias, con tempo cronometrado e sen soporte tecnolóxico. A hora de inicio está programada ás 10 da mañá e está aberta a todo o público en xeral.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.