Os empresarios de Ribeira mostran a súa preocupación polo proxecto da variante

27 Abril 2026

A Asociación de Empresarios de Ribeira (AER), a través do seu presidente, Francisco Martínez Gude, emitiu un comunicado no que amosa a súa preocupación polo proxecto da variante de Ribeira, que, segundo lembran, facilitaría dende San Roque o acceso ao núcleo de Santa Uxía e desconxestionaría as principais vías para chegar á cidade: a avenida de Ferrol quere manifestar a súa e a da Coruña (engadíndose a avenida das Carolinas).

No comunicado manifestan a súa “inquietude” pola demora na realización da obra da variante proxectada pola Xunta e “da cal xa se realizou e posto en servizo o primeiro tramo”, lembran, engadindo que “é por iso que solicitamos da Xunta de Galicia que dándose as condicións para que non haxa ningún obstáculo á realización desta arteria tan necesaria para a nosa cidade, retome este proxecto e tal como se comprometeron con esta directiva diferentes estamentos e representantes da Administración, como a Consellería de Infraestruturas, ou a Presidencia e Vicepresidencia da Xunta”.

Deste xeito, requíreselles que “procedan na medida que sexa posíbel a darlle continuación e levar a bo termo esta infraestrutura tan necesaria como vital para o desenvolvemento da nosa cidade. Non podemos esperar eternamente a que as obras sexan executadas e queden só en simples promesas, sabemos da boa vontade da Xunta para levala a cabo e con estas liñas queremos dar un empuxón para conseguir velas finalizadas. Quedamos á espera de que a Administración tome as oportunas medidas para a continuación e remate da obra, e poñémonos á disposición da mesma no que poidamos colaborar”, conclúen.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un autobús para a praia do Vilar”. Antón Luaces

“Un autobús para a praia do Vilar”. Antón Luaces

Foi necesario o paso de 60 anos para acadar que os habitantes da capital de Ribeira carentes de medios de transporte propios poideran desprazarse ata a praia do Vilar na tempada de verán. Esta praia é un dos máis prezados tesouros da contorna ribeirense e tardaron ben...

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

Saen dos seus fogares, todas as semanas, en busca de alimentos, medicamentos, bonos para viaxes ou algunha que outra axuda económica para gastos extraordinarios. Estas familias acoden a algunha ONG ou entidade social que as axudan desde hai décadas e mesmo, a algunhas...