Obarbanza.gal participa na campaña “Subscríbete ao galego”, que celebra o xornalismo na nosa lingua con recompensas aos lectores

28 Abril 2026

Neste mes de maio, con motivo do Día das Letras Galegas e o Día de Internet (que coinciden na súa celebración o 17 de maio), a Asociación de Medios en Galego, a provedora galega de servizos tecnolóxicos Dinahosting e a asociación PuntoGal unen esforzos para apoiar o uso da nosa lingua nos medios de comunicación a través da iniciativa Subscríbete ao galego.

Dende o 17 de maio ata o 31 do mesmo mes, as persoas que se subscriban nalgún dos medios participantes na campaña (na que figura tamén este medio, Obarbanza.gal) recibirán un dominio .gal e unha hospedaxe (hosting) totalmente de balde durante o período dun ano. Este agasallo está valorado en máis de 170 euros, lembraron as impulsoras da campaña.

Os usuarios beneficiarios recibirán os seus códigos para obter o seu hosting e dominio gratis ata o 30 de xuño.

Razóns de Subscríbete ao galego

As ditas entidades explican que “nun contexto cada vez máis global e profundamente condicionado polo uso das tecnoloxías dixitais, a Asociación de Medios en Galego, Dinahosting e PuntoGal unen esforzos para promover unha maior presenza da nosa lingua na Internet”.

A través desta iniciativa, engaden, as persoas beneficiarias poderán acceder de balde a un dominio galego e a un servizo de hosting web, “o que lles permitirá dispoñer dunha conta de correo profesional co seu propio dominio e poñer en marcha o seu proxecto web sen afrontar custos iniciais”.

Segundo sinalan as tres entidades, “trátase dunha oportunidade para impulsar a creación de contidos en galego e avanzar na normalización do idioma tamén no ámbito dixital”.

Ao mesmo tempo, esta campaña contribúe a fortalecer os medios participantes. Ofrecer valor engadido ás persoas que decidan subscribirse é unha fórmula eficaz para ampliar a base social e reforzar a presenza e a relevancia dos medios en galego.

Os medios con subscrición que participan nesta campaña son:

· A movida

· A Trabe de ouro

· Código Cero

· Mallando no Android

· Mazarelos

· Nós Diario

· O Salto Galiza

· Praza.gal

· Revista Grial

· Revista Luzes

· Tempos novos

· Tempos dixital

Medios sen subscrición que participan na campaña son:

· AMSGO!

· A Nova Peneira

· A Xente de Teo

· Bisbarra

· Biosbardia

· Boísimo

· Crónicas da comarca

· Ecos da Comarca

· Emuga

· Galicia Confidencial

· GCiencia

· Galicia Xa

· Lindeiros

· Nós Televisión

· O Barbanza

· O Sil

· Ouke!

· Picheleiro

· Ponte nas… Ondas!

· Que pasa na costa· Revista Pincha

· Xornal da Coruña

· Xornal da Estrada

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.