O xornalista Xavier García presenta na Libraría Social ULA (Outes) un libro que nos achega á realidade de China na actualidade

13 Abril 2026

A ULA Libraría Social vai acoller esta semana, na súa sede de Outes (rúa da Capela), a presentación do libro China, ameaça u esperança? A realidade de uma revolução pragmática. A cita será este venres 17 de abril a partir das 19.30 horas. Contarase coa presenza de Xavier García (autor), escritor e xornalista, e Manel Casal, activista social.

O xornalista galego Xavier García contribúe neste libro a comprender a realidade da China actual, máis alá das distorsións tendenciosas, por desgraza tan comúns nos medios occidentais. A denuncia das campañas mediáticas occidentais para desacreditar a China, o uso descarado do terrorismo en Xinjiang, a eliminación da pobreza extrema, a loita contra a desigualdade, o desenvolvemento tecnolóxico e o inmenso esforzo en políticas ambientais para construír unha civilización ecolóxica son algúns dos aspectos abordados na obra.

Sinopse e contexto

China experimentou unha transformación colosal nos últimos corenta anos. Un cambio xigantesco para o que, con todo, case non hai espazo nos medios occidentais. Un estado que está a piques de destronar os Estados Unidos como a principal potencia económica, que sacou a máis de 800 millóns de persoas da pobreza extrema, quintuplicou a produción de enerxía renovable en dez anos e agora prioriza a redución das desigualdades sociais creadas pola economía de mercado.

A prensa occidental intenta manchar estes logros, xa que o modelo chinés de pragmatismo corre o risco de servir de exemplo para os países atrapados no camiño sen saída do subdesenvolvemento e a desigualdade. Tamén incita o medo ao rexurdimento de China, ignorando intencionadamente que o milenario Imperio Medio nunca mostrou ambicións expansionistas e só raramente fixo a guerra.

Só cunha verdadeira comprensión do que é China hoxe podemos abordar a tarefa de facer do seu ascenso imparable un piar fundamental dunha nova orde mundial máis xusta e pacífica.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

Hay una vieja trampa del poder que consiste en creer que las herramientas de la política pertenecen a quienes las inventan. Que el garrote es legítimo en tus manos y criminal en las del adversario. Que la ley vale cuando te protege y es injusta cuando te golpea. La...

“El alma, un sentimiento” – Manuel Domínguez

“El alma, un sentimiento” – Manuel Domínguez

El ser más débil del universo, se considera el rey del Mambo. El hombre proa histórico se considera el dueño del universo, se considera inmortal a través del alma, se considera todo en el todo siendo nada, el mas devil. Los peces no necesitan al hombre para vivir,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.