O Xeito representa en Noia este sábado “O Mestre” de Xosé Agrelo

08 Abril 2026

Este sábado 11 de abril temos teatro no Coliseo Noela de Noia: unha peza enmarcada nas Xornadas de Memoria Histórica que organiza o Concello. Trátase de O Mestre, da Asociación Cultural O Xeito (Esteiro), con texto de Xosé Agrelo Hermo, escritor, profesor e editor noiés falecido en 2018, responsábel da editorial Toxosoutos. Será a partir das 20.30 horas, con entrada libre até completar o aforo. A obra, para público maior de 14 anos, é un convite a reflexionar sobre o noso pasado histórico e sobre a memoria colectiva.

O Mestre é un drama escrito por Xosé Agrelo Hermo que conta a historia dun mestre que se atopa dando escola cando estoupa a Guerra Civil. Queren pasalo polas armas algúns a quen el dera clases. Agóchase no faiado durante anos. Estreouse no ano 1978 e foi censurada previamente polo réxime franquista.

A adaptación está dirixida por Xosé Taxes Freire.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.