O Pazo de Goiáns acollerá o domingo 17 de maio a XV edición da Romaría das Letras do Barbanza que organizan o Concello de Boiro e a Asociación Cultural Barbantia para conmemorar o Día das Letras Galegas. A concelleira de Cultura, María Outeiral, e a presidenta de AC Barbantia, María Jesus Blanco, presentaron o programa.

A partir das 11.30 horas poderase visitar en Goiáns o mercado de artesanía e literatura cos stands dos colectivos como as palilleiras de Porto do Son, ganchilleiras de Bealo, postos de sancosmeiros, Aloumiños do Ceo, Quinteiro Doce, Artesanías Amorote, Che Tembra… e tamén as librarías Nobel de Boiro, Ler da Pobra e un posto de Barbantia.
Ás 12.00 horas haberá baile galego na Eira do Pazo con Xilbarbeira e Abanqueiro e ás 13.00 horas concerto sesión vermú con Maricarme no xardín do Pazo.
Logo do xantar popular, amenizado por Os Pequenos do Barbansa, haberá zona infantil con Miudinho Cooperativa no pombal do Pazo e as presentacións institucionais e literarias no interior do Pazo con Elas de Xulio Gutiérrez; e A Compostela de Begoña Caamaño de Encarna Otero.
Ás 18.00 horas baile galego na eira do Pazo con Aroña e Abeloura e ás 19.00 horas concerto con Os D’abaixo. A concelleira de cultura convidou á veciñanza de Boiro e a comarca a participar “nesta festa da nosa cultura e da nosa lingua” e animou á xente a vestirse “con algunha peza do noso traxe tradicional”.
Programa de actividades
11.00h – Apertura de portas e recibimento de participantes na XV Romaría das Letras no Barbanza
11.30h – Mercado de artesanía e literatura cos stands dos colectivos colaboradores e a exposición dedicada a Begoña Caamaño, homenaxeada co Día das Letras Galegas 2026
12.00h – Baile galego na eira do Pazo con Xilbarbeira e Abanqueiro
13.00h – Concerto sesión vermú con Maricarme no xardín do Pazo
14.00h – Xantar popular amenizado polos Pequenos do Barbansa
16.00h – Zona infantil con Muidinho Cooperativa no pombal do Pazo
16.00h – Presentacións institucionais no interior do Pazo
16.15h – Presentacións literarias a cargo da AC Barbantia:
Elas de Xulio Gutierrez. Taller creativo coa ilustradora Lucía Cobo (Editorial Kalandraka)
A Compostela de Begoña Caamaño de Encarna Otero (El Patito Editorial)
18.00h – Baile galego na eira do Pazo con Aroña e Abeloura
19.00h – Concerto con Os D’abaixo na eira do Pazo
21.00h – Remate da XV Romaría das Letras no Barbanza



