O Museo das Minas de San Finx reabre as súas portas esta Semana Santa

01 Abril 2026

O museo do poboado mineiro das minas de San Finx (Lousame) abre de novo as súas portas ao público, tras a incorporación dunha técnica municipal que se encargará de atender ás visitas. Así, as instalacións recuperan o seu horario habitual e abrirán en horario de mañá (de 10:00 a 14:00 horas) todos os mércores, xoves e venres. Os sábados e domingos haberá atención tanto en horario de mañá (10:00 a 14:00 horas) como de tarde (16:00 a 19:00 horas). As instalacións estarán pechadas os luns e os martes.

O museo reabriu este mércores 1 de abril as súas portas cunha visita de 50 nenos e nenas do campamento do Liceo de Noia, que fixeron o típico percorrido polo museo e distintos edificios do poboado mineiro lousamiá. Unhas instalacións que estarán abertas tamén durante esta Semana Santa, nos horarios anteriormente indicados.

Visitas

A visita é libre, salvo para grupos de máis de 10 persoas nos que é preciso reservar praza chamando ao 679 583 332 ou enviando un correo electrónico a museominasdesanfinx@gmail.com. Aínda que as visitas se adaptan as dispoñibilidades de tempo do grupo, adoitan durar entre hora e hora e media.

A entrada ao complexo museístico ten un prezo de 2 euros, para persoas entre os 6 e os 64 anos, cunha tarifa reducida de 1 euro para persoas empadroadas en Lousame e grupos de escolares. A entrada é totalmente de balde para menores de 5 anos e persoas maiores de 65 anos.

As persoas que se acheguen polo poboado mineiro contarán co asesoramento e guía da técnica do Museo das Minas de San Finx, que lles dará a coñecer tanto a historia das minas como a súa evolución ao longo dos anos, así como o traballo realizado polo Concello de Lousame para rehabilitar e poñer en valor este patrimonio.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.