O Hospital do Barbanza incorpora un novo profesional á atención farmacéutica

22 Abril 2026

O Hospital da Barbanza deu un paso na mellora da atención coa incorporación dun novo profesional de farmacia que, en palabras da Consellería de Sanidade, “permite potenciar a dispensación hospitalaria de medicamentos evitando que os pacientes do distrito teñan que desprazarse máis de 60 quilómetros ata os hospitais de referencia en Santiago”.

Sanidade engade que “os medicamentos de dispensación hospitalaria son tratamentos que, pola súa complexidade ou risco potencial, requiren control médico e farmacéutico hospitalario, polo tanto, a súa dispensación realízase exclusivamente nos servizos de farmacia dos hospitais”.

Así pois con esta incorporación e con outras melloras recentes, máis de 300 pacientes barbanzáns benefícianse xa directamente deste servizo no propio hospital de Ribeira.

“Trátase dun avance clave en accesibilidade e humanización xa que o centro asume a atención farmacéutica de enfermidades autoinmunes como a de Crohn, patoloxías neurolóxicas como a esclerose múltiple, enfermidades infecciosas como os antirretrovirais ou doenzas raras como a fibrose quística”, explica Sanidade, engadindo que “achegar a dispensación hospitalaria ao centro sanitario situado en Ribeira mellora de forma directa a calidade de vida dos pacientes ao evitar desprazamentos longos, reduce custos ao tempo que garante manter o seguimento farmacéutico especializado e máis próximo”.

Esta ampliación na carteira de servizos do hospital barbanzá busca “a comodidade e reforza a seguridade clínica”.

Dende a Xunta valoran que entre as súas principais vantaxes destaca “a maior accesibilidade para pacientes crónicos ou con mobilidade reducida, así como o aforro económico e o menor impacto ambiental ao diminuír os traxectos por estrada”.

O seguimento farmacoterapéutico máis próximo asegura que o paciente mellore a adherencia ao tratamento mentres se optimizan os recursos.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.