O Gran Camiño chega a Barbanza o vindeiro 16 de abril

07 Abril 2026

O xoves 16 de abril o Barbanza será a gran protagonista da quinta edición de O Gran Camiño, cunha etapa litoral que discorrerá pola beira do mar pero tamén terá presenza de montaña. A etapa unirá Carballo con Padrón. Os ciclistas da proba profesional galega atravesarán os concellos de Outes, Noia, O Porto do Son, Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo antes de continuar cara a Padrón, nunha etapa de 173 km e 2.453 m de desnivel.

En concreto, os deportistas partirán dende Carballo e pasarán por Santa Comba e Outes, antes de achegarse á fachada atlántica por Noia, Porto do Son, Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo, desde onde seguirán cara a Rois para concluír en Padrón. Ao seu paso, subirán os portos de Campelo (3ª), A Muralla (2ª) e Formarís (3ª).

“Será unha ocasión única para ver de preto aos mellores ciclistas do panorama internacional, animalos no seu esforzo e vivir a emoción dunha carreira profesional sen saír do municipio”, informou o Concello de Rianxo.

A proba

A quinta edición de O Gran Camiño desenvolverase entre o 14 e o 18 de abril, con saída na Torre de Hércules e un final espectacular no alto do Monte Trega. Unha edición que, en palabras do embaixador de OGC, o exciclista Óscar Pereiro, servirá para “consagrar unha carreira que é patrimonio de todos” e que homenaxea “a quen leva tantos anos traballando polo ciclismo” en Galicia.

A proba, segundo se fixo saber na presentación celebrada os días pasados no Campus Tecnolóxico de Cortizo (Padrón), arrancará cunha contrarreloxo na Coruña, que repetirá o percorrido que hai dous anos se viu condicionado polo vento, para facer xustiza a un dos elementos patrimoniais máis simbólicos da comunidade.

A continuación, percorrerá a provincia de Lugo, desde o interior, en Vilalba, ata a costa da Mariña.

A terceira etapa (a do Barbanza) unirá dúas localidades que “levan o ciclismo no ADN”, tal e como comentou o responsábel de Deportes da Deputación da Coruña, Antonio Leira, que prometeu unha saída desde Carballo decisiva e un final en Padrón “con últimos quilómetros moi interesantes” e que “poden dar moito xogo”.

Desde aí, o pelotón desprazarase a Ourense, etapa raíña, cunha intensa xornada de montaña entre Xinzo de Limia e Xunqueira de Espadanedo, que o vicepresidente da Deputación de Ourense, César Fernández, definiu como “épica” para “amosar a fermosura das paisaxes” da provincia.

Para concluír, a meta deste ano será para Pontevedra, a “provincia do deporte”, como a definiu a responsábel de Deportes da Deputación, Xisela Aranda, quen recoñeceu que toda a provincia é “un estadio natural”. A quinta etapa, desde As Neves, manterá a emoción ata o último minuto no alto do Monte Trega.

Á espera de pechar a nómina de equipos e grandes corredores que estarán en Galicia, a organización xa confirmou que na comunidade estarán os dous mellores equipos do mundo: o Visma Lease a Bike e o UAE Team.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.