O Gran Camiño chega a Barbanza este xoves 16 de abril

16 Abril 2026

Este xoves 16 de abril a comarca do Barbanza será a gran protagonista da quinta edición de O Gran Camiño, cunha etapa que unirá Carballo con Padrón. Os ciclistas da proba profesional galega atravesarán os concellos de Outes, Noia, O Porto do Son, Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo antes de continuar cara a Padrón, nun percorrido total (hoxe) de 173 km e 2.453 m de desnivel.

En concreto, os deportistas partirán dende Carballo e pasarán por Santa Comba e Outes, antes de achegarse á fachada atlántica por Noia, Porto do Son, Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo, desde onde seguirán cara a Rois para concluír en Padrón. Ao seu paso, subirán os portos de Campelo (3ª), A Muralla (2ª) e Formarís (3ª).

A quinta edición de O Gran Camiño desenvólvese entre o 14 e o 18 de abril, con saída na Torre de Hércules e un final espectacular no alto do Monte Trega.

A terceira etapa (a do Barbanza) une dúas localidades que “levan o ciclismo no ADN”, tal e como comentou os días pasados o responsábel de Deportes da Deputación da Coruña, Antonio Leira, que prometeu unha saída desde Carballo decisiva e un final en Padrón “con últimos quilómetros moi interesantes” e que “poden dar moito xogo”.

Desde aí, o pelotón desprazarase a Ourense, etapa raíña, cunha intensa xornada de montaña entre Xinzo de Limia e Xunqueira de Espadanedo, que o vicepresidente da Deputación de Ourense, César Fernández, definiu como “épica” para “amosar a fermosura das paisaxes” da provincia.

Para concluír, a meta deste ano será para Pontevedra, a “provincia do deporte”, como a definiu a responsábel de Deportes da Deputación, Xisela Aranda, quen recoñeceu que toda a provincia é “un estadio natural”. A quinta etapa, desde As Neves, manterá a emoción ata o último minuto no alto do Monte Trega.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.