O espectáculo “As que cortan o bacallau” recala en Ribeira o 25 de abril

16 Abril 2026

As agrupacións Bailadela e As Sete Linguas da Asociación Francisco Lorenzo Mariño, coa colaboración do Concello de Ribeira, levarán a escena novamente o espectáculo de música tradicional As que cortan o bacallau. Será no sábado, 25 de abril, ás 20.00 horas, no novo Auditorio Municipal.
Medio cento de artistas estarán sobre as táboas ao longo de 60 minutos para render homenaxe á conserva e ás mulleres como xa sucedeu na época do Nadal, pero, desta vez, con referencia á revolución dos caraveis de Portugal que acabou coa ditadura de Salazar e levou a democracia ao país veciño. O canto xunto a pandeiretas e outros instrumentos de percusión e elementos cotiás soarán na dita instalación cultural municipal.

Na presentación participaron a concelleira de Cultura, Ana Barreiro; a profesora dos grupos, Manola Valiño; Alicia González, directiva da A.C. Bailadela; e Unai González e Teresa Sampedro, vicepresidente e directiva da Asociación Francisco Lorenzo Mariño de Aguiño, respectivamente.

“Novamente teremos ocasión de desfrutar do talento deste medio cento de artistas locais cunha actuación que volve ao noso buque insignia da cultura despois do Nadal, mais nesta ocasión farán tamén referencia ao 25 de abril, con motivo da conmemoración da Revolución dos Caraveis. É un orgullo ver o dinamismo do que goza o noso tecido asociativo e o seu bo facer que nos fai desfrutar a toda a sociedade. Dende o Concello de Ribeira seguiremos ao seu carón apoiando tódalas iniciativas que revitalicen a nosa vida cultural”, sinalou a concelleira de Cultura, Ana Barreiro.

Pola súa parte, Manola Valiño referiuse aos elementos que utilizarán para acompañar o canto, que serán tamén utensilios cotiás como, por exemplo, as loncheiras que empregaban para comer no momento que tiñan para xantar as mulleres nas súas xornadas nas conservas.Tamén falou Unai González, quen indicou que unha maneira de “poñer en valor a memoria das mulleres e que, a través do canto e da música tradicional foron facéndose oco na historia e foron reivindicando e apoderándose nos seus distintos oficios”.

A entrada é de balde e a apertura de portas será media hora antes do inicio do espectáculo.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.