O director xeral de Inclusión Social visita Amicos

16 Abril 2026

Varias persoas participantes nos itinerarios de orientación laboral desenvolvidas por Amicos, asociación inclusiva da nosa comarca, recibiron na mañá deste 16 de abril a visita do director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado. No centro boirense recibírono o director xeral da entidade, Xoán España, o responsábel da área de Alianzas con Persoas e Empresas, Miguel Beiro, e a responsábel de Centros, Pilar Sampedro. O obxectivo foi facerlle entrega dos recoñecementos acreditativos aos participantes que recibiron orientación nos itinerarios laborais financiados dende a Dirección Xeral de Inclusión, o que lles permitiu aumentar o seu nivel de competencia de cara a atopar un emprego.

O acto de entrega tamén consistiu nun tempo no que o alumnado compartiu con Parrado as súas experiencias co equipo e como aplicaron
este apoio na súa vida laboral, así como os seus plans e inquedanzas de cara ao futuro laboral. España destacou que “o director xeral mostrouse dende o primeiro momento moi comprometido coa importancia de incentivar este tipo de servizo, porque os datos que se acadan concrétanse non só en que unha persoa teña un traballo, senón que lle permite levar unha vida normalizada e desenvolverse de maneira máis ou menos independente. Por iso só agradecer o apoio, porque sen el moitas persoas estarían sen acompañamento e sen oportunidades”.

Pola súa banda, Parrado mostrou a súa intención “de poñer en valor esta actuación de inclusión sociolaboral e de apoio ao emprego que realizou o
equipo de Amicos. Os datos son bos, o 30% accedeu ao mercado laboral, sobre todo tendo en conta que este é máis complicado para as persoas que temos algún tipo de discapacidade, o que fai necesario poñer en marcha programas como este que faciliten ese acompañamento ”.

A continuación, o grupo realizou unha visita polo Centro de Atención Integral de Amicos. Durante a mesma, o director xeral puido coñecer da man das persoas que acoden a Amicos os obradoiros e actividades nas que participan, así como varios dos proxectos que conducen os activistas medioambientais da entidade.

Durante a anualidade 2024-2025, o financiamento recibido dende a Dirección Xeral de Inclusión permitiu máis de 150 persoas puideran recibir
apoio da man do equipo de Amicos. Máis do 30% delas, arredor dunhas 50 persoas, finalizou na consecución dun emprego.

Un apoio con impacto

Amicos salientou que “os datos avalan o impacto do apoio das institucións públicas e as entidades sociais”. Así, durante a anualidade 2024-2025, o financiamento da Dirección Xeral de Inclusión Social permitiu que máis de 150 persoas realizasen un itinerario formativo da man do equipo de Amicos. Delas, máis do 30%, arredor de 50 persoas, acadaron un emprego, consolidando así o papel da formación e da orientación como ferramentas clave para a inclusión social e laboral. Así, a visita puxo de manifesto a importancia de continuar estimulando a colaboración entre administracións e entidades sociais para seguir xerando oportunidades reais, especialmente para aquelas persoas que precisan máis apoios no seu acceso ao emprego.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

Hay una vieja trampa del poder que consiste en creer que las herramientas de la política pertenecen a quienes las inventan. Que el garrote es legítimo en tus manos y criminal en las del adversario. Que la ley vale cuando te protege y es injusta cuando te golpea. La...

“El alma, un sentimiento” – Manuel Domínguez

“El alma, un sentimiento” – Manuel Domínguez

El ser más débil del universo, se considera el rey del Mambo. El hombre proa histórico se considera el dueño del universo, se considera inmortal a través del alma, se considera todo en el todo siendo nada, el mas devil. Los peces no necesitan al hombre para vivir,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.