“O da Mariña e Padín” – José Antonio Nóvoa

25 Abril 2026

I

Macordo de que Roldán se namorou dunha serea,
Mariña de nome.
Vivía nunha comuna do Golfo do León,
ao pé da Camargue.

Ninguén soubo ben como foi:
cando se achegaban,
algo se movía no ceo
e facía dela muller.

Naqueles días
a serea quedou encinta.

II

O cabaleiro era afillado de Carlomagno.
E o padriño,
como home de armas,
chamouno á guerra.

III

Mariña quedou soa.
Foi botada ao exilio
por xuntarse con aquel amado.

Nadou toda a costa da Iberia,
sempre cara adiante,
ata que o corpo dixo:
abonda.

Procurou augas mansas
e veu parir a unha praia dourada
da ribeira da Fondevila,
perto de Sálvora.

IV

Unhas mulleres mariñeiras,
chamadas polo canto,
deron acorro á serea
e recolleron o meniño.

Dixeron:
este trae sangue de paladín.
Puxéronlle Paadín.

Logo foi Padín,
que xa é nome de lama
e de entrar nas casas sen chamar.

V

A nai marchou a Sálvora.
Un tempo andou a ir e vir,
mirando que o neno medraba ben.
E vendo que medraba contento,
foise de volta ao seu mundo.

Criárono entre veciñas,
co leite na cunca
e a roupa tendida.
Logo o caldo.
E medrou o rapaz.

VI

Tamén macordo de que Roldán
non morrera en Roncesvales.
Quedou ferido.

Fuxiu a Hondarribia,
curou alí,
e botouse a percorrer
as costas do Cantábrico
na procura do fillo.

Chegou até Fisterra.
Soubo onde atopalo
e foi até o lugar
onde nacera.

VII

Deu grazas ás mulleres.
Houbo choros.
Dixo que tiña que aprenderlle
a cencia da cetrería
e as mañas da milicia.

Levouno consigo a Iria Flavia,
a darlle alí o bautismo,
por man dun bispo suevo.
Despois partiron pola rota de Brigantia,
onde embarcaron cara a Aquitania.

Xa non voltaron,
e doeron todas as almas da ribeira.

VIII

A xente do lugar
botou en falta a Padín.
Mais quedou unha imaxe da nai,
feita pola man do neno
con arxila da Barreira.

Ía de casa en casa:
sete días en cada mesa,
sete noites xunto ao lume.

IX

O tempo foille gastando
a cara,
as mans,
o sal.

Mais sempre portou fortuna.

X

Un día chegou a Ribeira,
cando xa era vila,
un predicador de lonxe.

Aquel frade trocou a imaxe
por unha virxe do mar
nunha capela de pau de abeleira.

XI

Aínda macordo da capeliña,
teimuda,
de man en man
polo barrio de Padín
ata onte.

E macordo da velliña
que, cando eu era neno,
e lle levabamos a virxe,
me dicía:
non sabemos
que nome lle puxo o pai.

O da Mariña e Padín
foiche así.
E desta arte se deu o feito,
e vaise o conto por dereito.

FIN.

José Antonio Nóvoa. Abril 2026

Outros artigos

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

+

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...

+

“Primeiro o amor, despois ciencia” – Antón Luaces

A frase corresponde a Antoni Gaudí, arquitecto catalá responsable do deseño da basílica barcelonesa da Sagrada Familia, cuxa torre de Xesús Cristo bendiciu a pasada noite o papa León XIV, en presencia dos Reis de España e a maior parte do Goberno e o da comunidade...

+

“La ley seca en Riazor”. José Castro López

Acabó la temporada futbolística y, con ella, las alegrías, las decepciones, los ascensossoñados y los descensos temidos. Pero cuando el balón deja de rodar queda tiempo parareflexionar sobre algunas cosas que ocurrieron en los estadios y que merecen unareflexión.Una...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...