Máis de 400 escolares de Ribeira celebraron o Día do Libro co espectáculo “O arcón de Noa”

23 Abril 2026

Un total de 425 escolares de infantil e algún curso de primaria de oito centros educativos de Ribeira, xunto a 22 alumnos de Amicos, conmemoraron o Día Internacional do Libro, neste 23 de abril, asistindo ao novo Auditorio Municipal para a representación de O arcón de Noa; un espectáculo que emprega a linguaxe da danza contemporánea, os obxectos e a interacción co dispositivo escénico para amosar múltiples situacións e personaxes
guiados pola narración clásica de conto de maxia e fantasía.

O Concello de Ribeira optou por organizar esta actividade en exclusiva para a comunidade educativa para fomentar a lectura en idades temperás cunha proposta lúdica e pedagóxica.

Nesta función, os escolares acompañaron á protagonista, Noa, na viaxe máxica que emprende ao, por un encantamento, cobrar vida tódolos xoguetes que habitan o arcón e aparece un ser misterioso que goberna sobre eles. A posta en escena está fundamentada nas coreografías e nun dispositivo cunha estética colorida chea de fantasía e sorpresas, acompañada dun deseño de iluminación e un espazo sonoro que crean os diferentes ambientes e emocións que van guiando a narración.

Outros artigos

O Concello de Ribeira reivindica o Orgullo con música e cine

O Concello de Ribeira celebrará o Día do Orgullo 2026 cunha completa axenda na que, ademais do acto institucional, non faltarán outras de carácter lúdico. Na presentación, a alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, xunto á concelleira de Igualdade, Ana Barreiro, e a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...