O Concello de Ribeira saca a licitación a construción do parque infantil do Centenario

23 Abril 2026

O Concello de Ribeira saca a licitación a construción do parque infantil na praza do Centenario despois de que finalizase o proxecto de reordenación deste espazo. A dita praza conta actualmente cunha gran área rectangular destinada a albergar unha área de xogos infantís.

Proxéctase a construción dun novo parque deseñado con elementos diferentes aos situados no resto de zonas recreativas para as crianzas no centro urbano co obxectivo de ampliar a oferta de áreas de ocio, segundo explicou o Concello.

Os elementos a instalar son unha estrutura en forma de cúpula de onde se suspenden varios xogos de corda, capas de redes, escaleiras, pontes de corda, un tobogán, unha hamaca e tirantes; unha randeeira tipo péndulo; unha roda xiratoria; outra estrutura tipo sendeiro de parkour; outra randeeira con asento inclusivo e asento bebé; e unha cunca xiratoria. O período de execución das obras sitúase nos catro meses.

O orzamento de licitación é de 212.990, 14 euros, IVE incluído. As ofertas presentaranse a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX) antes das 23.59 horas do 13 de maio. O período de execución da sobras será de catro meses dende a formalización do contrato.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...