O Concello de Ribeira impulsa a nova edición (a novena) das súas xornadas sobre saúde

10 Abril 2026

Catro obradoiros integran a oferta das novenas xornadas saudábeis que promove o Concello de Ribeira coa colaboración da Escola Galega de Saúde para Cidadáns dirixido a pacientes, familiares, persoas coidadoras e cidadanía en xeral. O programa desenvolverase durante o mes de maio no Centro Cultural Lustres Rivas, en horario de 16.30 a 20.00 horas.

“Un ano máis poñemos en marcha estas xornadas que buscan
mellorar a calidade de vida da nosa cidadanía poñendo o foco na saúde mental e nas emocións para ir máis alá do físico para levar un estilo de vida saudábel. Todo inflúe, polo que, para acadar o benestar é necesario un equilibrio entre corpo, mente e emocións. Parécenos moi interesante esta proposta, especialmente, para coidar a quen coida que, moitas veces, queda nun segundo plano para estar a carón do paciente. E esta cita xa se foi consolidando no calendario municipal de actividades con éxito de participación”, declarou o concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño.

Pola súa parte, a coordinadora de Servizos Sociais, Francisca Vidal, destacou o “éxito de participación” ano tras ano e indicou que as persoas asistentes recibirán unha certificación de participación.

As xornadas comezarán no día 7 coa enfermeira da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada da Coruña, Marichel Costas, quen impartirá un obradoiro sobre o coidado ao coidador.

Proseguirá no día 14 con Orlando Blanco, técnico do Servizo de Estilos de Vida Saudables e Educación para a Saúde da Consellería de Sanidade, para falar sobre estilos de vida saudábel mindfulness.

O terceiro será no día 21 cun obradoiro de musicoterapia, a cargo de Damián Cairo, profesor de música no Conservatorio Profesional da Coruña. Finalizará no día 28 cunha xornada centrada na seguridade e coidados no fogar sobre o que falará Ana Isabel Calvo, enfermeira da Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria do SERGAS. As inscricións permanecen abertas do 13 ao 30 de abril, no Departamento de Servizos Sociais Comunitarios, con teléfono de contacto 981 874 131, e enderezo electrónico servizossociais@ribeira.gal; así como na páxina web municipal www.ribeira.gal.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.