O Concello de Ribeira e Taller Alecrín convidan a bailar con motivo do Día Internacional da Danza

22 Abril 2026

O Día Internacional da Danza conmemórase cada 29 de abril, polo que o Concello de Ribeira, xunto a Taller Alecrín, convidan a bailar no domingo 26, ás 18.00 horas, no Malecón, a carón da OMIC. Baixo o nome Compromiso co Baile, este programa segue a liña de fomentar a participación e a educación da danza a través de eventos.

En caso de chuvia, trasladarase ao interior da carpa a carón do mercado municipal.

As persoas interesadas poderán asistir de maneira gratuíta a esta mostra de linedance e baile social a modo de clase aberta a cargo dos participantes nos obradoiros que Taller Alecrín desenvolve actualmente en diferentes concellos coa colaboración de entidades públicas e asociativas como, por exemplo, a Asociación Amas de Casa e a Asociación Ambar. E o DJ Dani Fontaíña será o encargado de amenizar esta xornada de baile.

“En Ribeira celebraremos o Día Internacional da Danza; unha data sinalada pola UNESCO no 1982 en honor a Jean-George Noverre. Trátase dun medio de expresión artística máis que tamén queremos poñer en valor, pois diversifica a oferta cultural municipal. Ademais, o baile tamén ten moitos beneficios para a saúde e o estado anímico, ademais de fortalecer a interacción social”, en palabras da concelleira de Cultura, Ana Barreiro.

As coreografías seguirán os ritmos do swing, country, pasodobre, bachata, merengue, chachachá, soul, disco e funky baixo a dirección de Francisco Muñiz, cun total de 14 propostas e algunha sorpresa, porque como apuntou a presidenta de Taller Alecrín, Lola López, este é un compromiso co baile que se enmarca no programa de actividades que desenvolve a entidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...