O Concello de Ribeira avanza na municipalización da rúa do Porto, en Aguiño

30 Abril 2026

O Concello de Ribeira informou de avances importantes de cara a conseguir de que a rúa do Porto, na parroquia de Aguiño, pase a ser de titularidade pública. A Administración local asinará cos 13 propietarios a aprobación da relación de afectados por esta medida e notificará o presente acordo aos interesados para a subscrición dos respectivos convenios de cesión.

A alcaldesa, María Sampedro, desprazouse este xoves 30 de abril ata o lugar acompañada do primeiro tenente de alcalde, Vicente Mariño, e do concelleiro de Mar, Fernando Abraldes, para falar alí in situ cos veciños e rubricar xa gran parte dos ditos documentos.

Para chegar a este punto houbo que contactar cos propietarios, iniciar o expediente administrativo e aprobar a dación en Xunta de Goberno Local.

A rexedora manifestou que esta era unha “demanda histórica”, pois esa rúa dá servizo a vivendas, un negocio e naves para resgardan embarcacións que faenan. Neste senso, a mandataria local comprometeuse a, unha vez se formalice a escritura pública dos terreos, facer o proxecto para dotar a esta rúa de case 150 metros lineais de servizos básicos como pavimento e saneamento.

“Estamos nun terreo privado, que non é competencia municipal, e que, polo tanto, nunca puidemos actuar, nin asfaltar nin dotar dos servizos básicos que calquera rúa, de tanto tránsito como esta, merece”, manifestou Sampedro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...