O Concello de Ribeira adxudica dous dos catro chiringuitos ofertados para instalar e traballar no litoral

27 Abril 2026


O Concello de Ribeira adxudicou a instalación e explotación de dous chiringuitos de tempada en terreos municipais para dar servizo ás persoas usuarias das praias do termo municipal. Os lotes adxudicados foron Punta Touro, cunha única interesada por importe de 2.026 euros por anualidade, e Ameixida, na que concorreron tres propostas e gañou a mellor oferta por unha contía de 3.269 euros por anualidade.

No que respecta ao lote Coroso 1, quedou deserto ao non presentarse ninguén, e Coroso 2 está pendente de adxudicar cunha única proposta.

A duración da concesión é de catro tempadas de verán que se corresponden coas anualidades do 2026, 2027, 2028 e 2029.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.