O Concello de Ribeira adxudica a implantación dun programa de reforzo educativo a menores en risco de exclusión social

14 Abril 2026

O Concello de Ribeira continúa dando pasos en materia de servizos sociais para mellorar a calidade de vida da súa veciñanza, facendo especial fincapé naquelas en risco de exclusión social. En consecuencia, a Administración local adxudica ao contrato de servizos para a execución dun programa de reforzo educativo a menores de familias usuarias do Departamento de Servizos Sociais.

Trátase dunha medida que busca ofrecer clases de reforzo co fin de apoiar o rendemento académico da rapazada, así como as súas
perspectivas laborais futuras adaptando a intervención á idade, nivel madurativo e necesidades específicas do alumnado. A finalidade
principal é, polo tanto, combater as consecuencias do risco de exclusión social mediante a promoción do éxito educativo, prevendo o
abandono escolar e facilitando que o alumnado obteña o título da ESO; unha titulación clave para romper o círculo da vulnerabilidade e
abrir camiños cara a inclusión sociolaboral.

Entre os obxectivos específicos figuran o reforzo das competencias curriculares básicas; a promoción de hábitos de estudo e
organización persoal; o fomento do desenvolvemento de habilidades socioemocionais; ou a promoción da igualdade de xénero.
Ao proceso concorreron un total de tres empresas, resultando mellor valorado o proxecto Saberes. O prezo do contrato sitúase nos 13.200 euros, exento de IVE, por período dun ano (dende abril de 2026 ata abril de 2027), con posibilidade de prórroga de dous meses.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.