O Concello de Noia remata as obras de saneamento separativo, subministro de auga e pavimentación na Albariza

29 Abril 2026

O Concello de Noia vén de dar por rematadas as obras de instalación de saneamento separativo, pavimentación e dotación de subministración de auga para consumo doméstico no núcleo da Albariza, unha actuación que se desenvolveu ao longo dos dous últimos meses.

O concelleiro de Obras, Manolo Seijas, destacou a relevancia desta intervención, subliñando que “se trata da primeira obra executada con medios propios municipais nos últimos dez anos”. Neste sentido, explicou que esta fórmula “permitiu un aforro aproximado de 30.000 euros para as arcas municipais”.

Seijas quixo tamén amosar o seu agradecemento a todo o persoal implicado na execución dos traballos, recoñecendo o seu esforzo e compromiso para levar a cabo a actuación en tempo e forma.

Así mesmo, o edil lembrou que “a ampliación da rede de saneamento separativo é un compromiso que adquirimos ca veciñanza. O reto é continuar desenvolvéndoa a pesar da difícil situación económica que herdamos”.

“Ningunha parroquia é pequena cando se fala dos servizos básicos”, engadiu o tenente de alcalde.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...