O Concello de Noia pon a punto rúas e infraestruturas en Argalo

21 Abril 2026

O Concello de Noia continúa cos traballos de limpeza destinados a acondicionar rúas e infraestruturas e a incrementar a seguridade para viandantes e vehículos.

Durante os días pasados, os traballos concentráronse principalmente na zona de Argalo, onde se levaron a cabo diversas actuacións para mellorar o estado dos espazos públicos.

Entre as intervencións realizadas destacan a limpeza e o adecentamento de camiños, a posta punto do lavadoiro e dos entornos das marquesiñas e, tamén, a limpeza integral dos empedrados.

Así mesmo, tamén se estivo traballando no entorno da Chaínza, continuando coa posta a punto doutras zonas do municipio.

Unha vez rematadas as actuacións en Argalo, está previsto iniciar novos traballos nas zonas de Boa e Santa Cristina, que inclúen o paso dos tractores municipais e da nova varredora de rúa, segundo informou o Concello, que quixo agradecer o esforzo do persoal municipal, e pedir desculpas “polas posíbeis molestias ocasionadas durante o desenvolvemento destes traballos, que continuarán por todas as parroquias do municipio”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...