O Concello de Muros organizará un novo obradoiro de emprego para 20 persoas desempregadas

21 Abril 2026

O Concello de Muros, coa colaboración do Concello de Carnota, organizará un novo obradoiro dual de emprego para 20 persoas denominado Oe Monte Feixa.

Trátase dun programa mixto de emprego e formación que pretende mellorar a empregabilidade das persoas participantes, que recibirán formación e desenvolverán tarefas profesionais remuneradas, ademais de obter unha cualificación profesional que lles permitirá optar a postos de traballo.

En Muros, concello promotor do obradoiro, impartiranse dous módulos cunha duración de nove meses: Aproveitamentos forestais e xestión da biomasa forestal e Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes.

“Os concellos non temos competencias directas en materia de emprego, pero debemos organizar e xestionar actividades de formación que impulsen a inserción laboral da nosa veciñanza”, explica a alcaldesa de Muros, María Lago, “polo que é unha satisfacción que nos concederan o obradoiro despois de presentar e xestionar a nosa solicitude”.

Este obradoiro dual de emprego está co-financiado polo Goberno do Estado e pola Xunta de Galicia.

A data do inicio da formación e as prácticas profesionais será o 1 de xuño de 2026. Abrirase un prazo de presentación de solicitudes para participar no obradoiro do que se informará desde o concello.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.