O Concello de Lousame organiza un obradoiro infantil gratuíto para facer origamis, collages e marcapáxinas

07 Abril 2026

O Concello de Lousame, en colaboración co programa Ler conta moito, organiza o obradoiro cultural A volta ao mundo en papel: colaxe, origami e marcapáxinas. Un taller impartido por Slowly Atelier dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 10 anos de idade, que deberán anotarse en bandoticket.com.

Un obradoiro no que a lectura convértese nun convite a viaxar por outros lugares e culturas a través do papel. Así, a partir de textos breves, a rapazada explorará historias do mundo, creando marcapáxinas propios e pezas sinxelas de origamis (técnica xaponesa para elaborar figuras de papel pregando a folla, sen necesidade de tesoiras nin pegamento).

“Trátase dunha proposta participativa que fomenta a imaxinación, a diversidade e o gusto pola lectura desde idades temperás, polo que convidamos a toda a rapazada de Lousame a participar”, apunta Silvia Agrafojo, concelleira de Cultura. O obradoiro impartirase este venres 10 de abril, ás 18:30 horas, na Casa da Cultura de Lousame.

Outros artigos

Este sábado 28 a Alameda de Noia acolle unha roda de capoeira

Este sábado 28 de novembro celebrarase unha roda de capoeira na Alameda. Unha roda de capoeira é un círculo humano onde se practica esta arte marcial afrobrasileira, funcionando como o seu espazo central de expresión, xogo, música e comunidade. Nela, as música e as...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“La transición y Carmen Díaz de Rivera” – Manuel Domínguez

“La transición y Carmen Díaz de Rivera” – Manuel Domínguez

La transición y Carmen Díaz de Rivera. 84 años de su nacimiento y 27 que nos dejo. Antes de hablar de la importancia de Carmen en relación a la transición, permítaseme, comenzar por el principio. Carmen tenía 17 años, quería oficializar su relación de noviazgo, con...