O Colexio de Xornalistas celebra a Begoña Caamaño cun podcast e unha xornada

09 Abril 2026

No Ano das Letras de Begoña Caamaño, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia reivindica a súa figura como xornalista cun podcast dirixido por Lucía Junquera, do que este 9 de abril estréase o primeiro episodio, e un encontro periodístico que se desenvolverá o vindeiro sábado 25 de abril na Casa das Máquinas de Santiago. Estes actos, agrupados baixo a denominación Poñer a voz, están realizados coa subvención da Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia.

O Colexio lembra que ademais de adicarse á literatura, Begoña Caamaño (á quen a Real Academia Galega lle dedica o Día das Letras Galegas deste 2026) foi xornalista e integrante do Colexio, e que na súa escolla destacouse, ademais do seu labor como narradora, o seu traballo como xornalista “nun momento en que urxe reconstruír o espazo dun xornalismo para a cidadanía, comprometido coa verdade e co uso do galego”.

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia xa aplaudiu no seu día a decisión de dedicarlle a Caamaño esta homenaxe, que tamén recoñece a importancia do xornalismo en galego para o futuro do idioma, e súmase agora á celebración organizando, coa subvención da Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia, un podcast e un encontro xornalístico sobre o traxectoria profesional da homenaxeada.

O podcast Poñer a voz é un relato sonoro en cinco capítulos que atravesa a vida de Begoña Caamaño. Desde a súa infancia e xuventude en Vigo, onde prende a paixón por contar historias, ata a súa implicación vital no feminismo, no coidado da lingua, no antimilitarismo e na defensa dos medios públicos. Como nexo: o xornalismo. A radio como medio fundamental, pero tamén os artigos que escribiu na prensa e revistas especializadas. Unha lingua e unha linguaxe propia, diferente á literaria, pero que tamén conforma as nosas Letras Galegas.

Poñer a voz pode escoitarse a través de Ivoox, Spotify e Apple Podcast. Ademais da voz conservada pola radio da propia Begoña Caamaño, e da dirección e condución de Lucía Junquera, o podcast vai contar coa participación de Bea Caamaño, Ana Romaní, Xosé María Palmeiro, Concha Cid Fuentes, María Xosé Porteiro, Fani del Río, Víctor Freixanes, Tiago Alvite, Raquel Lema, Carme Hermida, Silvia López, Uxía Iglesias e Belén Teiga.

Ademais, o sábado 25 de abril ás 12:00 horas, vai realizarse na Casa das Máquinas de Santiago de Compostela (rúa de Galeras, s/n) un encontro periodístico ao redor da figura de Caamaño, no que participarán periodistas de varias xeracións. Baixo a forma dun programa de radio ao vivo, a xornada será un convite á profesión para celebrar a Begoña Caamaño e reflexionar sobre o pasado, presente e futuro do xornalismo. Entre outras profesionais, participarán a propia Lucía Junquera, Ana Romaní, Sonia Díaz, Pablo Lago e Marga Tojo.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.