O CIFP Coroso participou nun obradoiro sobre igualdade da man do CIM de Ribeira

30 Abril 2026

O alumnado de 1° de Formación Profesional Básica do CIFP Coroso participou este venres 30 de abril no obradoiro Novos discursos entorno á masculinidade e á feminidade en entornos dixitais. Ata alí desprazouse a concelleira de Igualdade, Ana Barreiro, para clausurar este taller orientado á comunidade educativa da man do Centro de Información á Muller de Ribeira ao abeiro da campaña De fronte á violencia de xénero, da Deputación da Coruña.

“Cremos que este tipo de iniciativas son moi importantes para sensibilizar e formar á mocidade contra a discriminación, pois na educación está a base”, apunta a edil.

Durante o desenvolvemento desta acción, o alumnado analizou as presións sociais sobre a identidade, o corpo, a representación social do xénero, a presión estética e violencias corporais, os discursos de odio, a hipersexualización e ciberviolencias, resistencias feministas e masculinidades reactivas en contextos dixitais (manosfera).

Outros artigos

O Concello de Ribeira reivindica o Orgullo con música e cine

O Concello de Ribeira celebrará o Día do Orgullo 2026 cunha completa axenda na que, ademais do acto institucional, non faltarán outras de carácter lúdico. Na presentación, a alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, xunto á concelleira de Igualdade, Ana Barreiro, e a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...