O Ciclo de Maxia de Porto do Son contará coa presenza do Mago Vituco e máis de Joshua Kenneth

14 Abril 2026

Este mes de maio vaise celebrar en Porto do Son un Ciclo de Maxia que contará coas actuacións do Mago Vituco e máis de Joshua Kenneth, que actuarán na Casa da Cultura os días 23 e 30 de maio, respectivamente, da man da Concellería de Cultura de Porto do Son.

Concretamente, o Mago Vituco actuará o 23 de maio ás 19:30 h co espectáculo A maxia do mago Vituco, un espectáculo que permitirá ao público “participar nunha viaxe escénica onde a emoción, o humor e a sorpresa entrelázanse con naturalidade”.

En palabras do Concello, “cunha linguaxe universal e unha presenza forxada en escenarios de todo o mundo, o espectáculo crea momentos que non só se ven, senón que senten e permanecen na memoria”.

O Mago Vituco é un artista compostelán con máis de vinte anos de experiencia. Destaca polos seus espectáculos de maxia corporativa, grandes superficies e, especialmente, polos seus shows a bordo de cruceiros por todo o mundo, incluíndo rutas por Asia, o Mediterráneo e o Caribe.

As entradas xa se poden mercar en liña.

Pola súa banda, Joshua Kenneth actuará o 30 de maio ás 19:30 h na Casa da Cultura de Portosín

Joshua Kenneth é un artista internacional de orixe galega que viaxa por todo o mundo realizando actuacións de maxia. Participou en programas como Got Talent España ou na famosa serie estadounidense Fool Us de Penn & Teller en Las Vegas. Tamén foi convidado a actuar no prestixioso Magic Castle de Hollywood, en Los Ángeles.

A súa maxia foi recoñecida en importantes competicións de Portugal, Bulgaria e Italia, acadando un premio FISM en Turín como segundo mellor mago de toda Europa.

A Porto do Son acudirá con Degustación de imposibles, unha obra apta para todos os públicos que se presenta como unha experiencia interactiva, divertida e artística que deleita ao espectador, convidándoo a entrar nun mundo no que todo pode ser transformado e onde nada é imposíbel.

As entradas xa se poden mercar en liña.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

Hay una vieja trampa del poder que consiste en creer que las herramientas de la política pertenecen a quienes las inventan. Que el garrote es legítimo en tus manos y criminal en las del adversario. Que la ley vale cuando te protege y es injusta cuando te golpea. La...

“El alma, un sentimiento” – Manuel Domínguez

“El alma, un sentimiento” – Manuel Domínguez

El ser más débil del universo, se considera el rey del Mambo. El hombre proa histórico se considera el dueño del universo, se considera inmortal a través del alma, se considera todo en el todo siendo nada, el mas devil. Los peces no necesitan al hombre para vivir,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.