O Bus do Teatro conecta esta “finde” con Ribeira, Boiro e Rianxo para asistir á representación de “Hamlet” en Santiago

06 Abril 2026

O Bus do Teatro do Centro Dramático Galego, o CDG, pasará esta fin de semana polo Barbanza para levar á veciñanza dos concellos a Santiago (no Salón Teatro) e asistir á representación da nova versión de Hamlet, de William Shakespeare, da man do CDG.

O bus pasará por Ribeira o venres 10 de abril, con saída dende a Estación de Autobuses ás 15.45 horas.

Ademais, o bus tamén pasará por Rianxo e Boiro o domingo 12 de abril con hora de saída ás 15.30 horas dende o parque da Cachada (Boiro) e ás 15.45 dende o Auditorio de Rianxo e con volta ás 20.15 horas (o inicio da función está previsto ás 18.00 horas).

O Centro Dramático Galego presenta Hamlet cunha produción propia de gran formato dirixida por Tito Asorey, quen asina xunto a Vanesa Sotelo a versión galega do clásico de Shakespeare cun elenco de 16 actores e actrices sobre as táboas.

Publicada en 1603, a traxedia do príncipe de Dinamarca —marcada pola vinganza, a traizón e o remorso— preséntase aquí situada na contemporaneidade, 20 anos despois da súa última montaxe en galego. Hamlet enfróntase á morte do pai, á precipitada voda da nai co seu tío e á revelación da pantasma que lle esixe vinganza. Mais o maior conflito non será externo, senón interior: a súa conciencia, que o paraliza nun mundo moralmente corrompido.

O novo espectáculo dialoga cos dilemas da sociedade actual, interpelándonos como habitantes da era das intelixencias artificiais, para reivindicar a necesidade de recuperar a humanidade.

“Este Hamlet non é só unha obra de teatro, é un acontecemento cultural”, afirma Asorey, quen salienta a dimensión colectiva dun proceso creativo que devolve vida e presente ás palabras do bardo inglés desde os nosos días.

Dramaturxia: Vanesa Sotelo e Tito Asorey

Dirección: Tito Asorey

Ficha artística

Texto orixinal: William Shakespeare

Dramaturxia: Vanesa Sotelo e Tito Asorey

Dirección: Tito Asorey

Elenco: Sergio Abelaira, Cristina Andrade, Belén Constenla, Raquel Espada, Isabel Garrido, César Goldi, Alejandro Jato, Marita Martínez, Iolanda Muíños, Anxo Outumuro, Pedro Placer, Adrián Ríos, Machi Salgado, Toni Salgado, Inés Salvado Gontad, Sergio Zearreta

Escenografía: Carlos Alonso

Iluminación: Laura Iturralde

Vestiario: Saturna

Espazo sonoro: Xavier Bértolo

Maquillaxe e caracterización: Lorena Calvo

Movemento escénico e coreografía: Rut Balbís

Loita escénica: Xosé Piñeiro

Asistencia de texto: Melania Cruz

Asesoramento lingüístico: Rosa Moledo

Axudante de dirección: Sara Rey

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.