O BNG reclama retirar en Muros-Noia a concentración das urxencias nos PACs os sábados

22 Abril 2026

A deputada parlamentar do BNG, Rosana Pérez, vén de presentar unha proposición non de lei para o seu debate na Comisión 5ª do Parlamento de
Galiza, coa que reclama “a retirada inmediata da concentración da atención sanitaria urxente nos Puntos de Atención Continuada (PACs) durante as mañás dos sábados, unha medida que xa se está a aplicar na área sanitaria de Santiago-Barbanza sen respaldo normativo”, sinálase na proposta.

Segundo denuncia, o SERGAS ten anunciada a modificación do Decreto 172/1995, que regula o Plan de Urxencias Extrahospitalarias. Esta reforma, di, “suporía que as urxencias de atención primaria nas mañás dos sábados deixarían de prestarse nos centros de saúde para concentrarse exclusivamente nos PACs, un cambio que está a ser rexeitado tanto polos profesionais sanitarios como polos pacientes”. Critica Pérez tamén que “malia non existir aínda norma que avale esta decisión, a Xerencia da Área Sanitaria de Santiago-Barbanza puxo en marcha desde comezos de abril a
ampliación do horario dos PACs ás mañás dos sábados de maneira unilateral, sen planificación nin información previa suficiente, unha situación que xa está a provocar atrasos significativos na atención e múltiples incidencias no servizo”.

Engade que “na comarca de Muros e Noia, a medida obriga ás persoas usuarias dos centros de saúde de Porto do Son, Outes e Mazaricos a desprazarse aos PACs de Ribeira, Noia e Santa Comba, respectivamente, incrementando as distancias e dificultando o acceso á asistencia sanitaria, especialmente nun territorio rural con carencias evidentes de transporte público”.

Os nacionalistas alertan de que “esta decisión supón un novo deterioro da calidade asistencial, que se suma á xa existente pola falta de persoal, e afasta aínda máis á poboación dunha sanidade pública de proximidade e de calidade”.

Din ademais que “o persoal do PAC de Noia tamén advertiu do empeoramento da atención que implicará o novo decreto, destacando consecuencias como atrasos xeneralizados, sobrecarga do servizo, maior vulnerabilidade das poboacións afastadas e a falta de cobertura de persoal sanitario”. Tamén critican que “moitas prazas xa non se están a cubrir ou están ocupadas por profesionais sen a especialidade de Medicina Familiar e Comunitaria”.

E conclúen: “Esixímoslle á Xunta a retirada inmediata desta medida e que abran un proceso de diálogo cos representantes dos traballadores e traballadoras para calquera reforma do sistema sanitario, e tamén solicitamos, unha vez máis, a reposición completa do persoal en tódolos centros de saúde da comarca”.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.