O BNG presenta unha proposta de estacionamentos para veciñanza e comercios en Palmeira, Corrubedo e Castiñeiras

24 Abril 2026

O pleno de Ribeira deste luns debaterá unha proposta do Bloque Nacionalista Galego orientada a mellorar o estacionamento nas parroquias de Palmeira, Corrubedo e Castiñeiras, co obxectivo de “facilitar o día a día da veciñanza e reforzar a actividade dos negocios locais, especialmente nos meses de maior afluencia”. Así o informou o voceiro Luís Pérez e as concelleiras Antía Alberte e Veva Betanzos.

Indicaron que a iniciativa “nace dun proceso de escoita activa iniciado baixo a Alcaldía de Pérez Barral, no que se recolleron as inquedanzas e necesidades tanto de veciños e veciñas como de comerciantes destas parroquias”. Na proposta indícase que “o incremento de visitantes durante a tempada estival, sumado ás características urbanísticas das vilas mariñeiras, fai necesario avanzar cara a solucións que garantan un uso máis equilibrado do espazo público”.

Neste sentido, a proposta contempla a creación de zonas de estacionamento exclusivo para residentes nestas tres parroquias, permitindo reservar prazas para as persoas que teñen vivenda, viven e traballan todo o ano no municipio.

Indican que se trata “dunha medida xa implantada con éxito noutros concellos e que contribuiría a reducir as dificultades para aparcar, mellorando a convivencia e o benestar da veciñanza”.

A concelleira do BNG, Antía Alberte, subliñou que “esta proposta xorde directamente de escoitar á veciñanza e ao tecido comercial de Palmeira, Corrubedo e Castiñeiras. O noso compromiso é dar resposta ás súas necesidades cunha medida útil e pensada para mellorar a súa calidade de vida por iso propoñemos establecer aparcadoiros disuasorios para todo o mundo e logo zonas exclusivas para veciñanza”. Alberte informou que “xa existe un informe policial favorábel que se aprobou en setembro de 2025 no goberno de Pérez Barral”.

Pola súa banda, o ex-alcalde e portavoz, Luís Pérez Barral, destacou que “esta iniciativa dá continuidade a unha liña de traballo xa iniciada no anterior mandato, cando puxemos en marcha infraestruturas como os estacionamentos disuasorios de Fafián e na Avenida de Ferrol, ou a municipalización do Centenario reducindo tarifas que permitiron aliviar a presión en zonas céntricas e mellorar a mobilidade no conxunto do municipio”.

A proposta do BNG inclúe a  identificación as zonas máis necesitadas, a súa posterior análise na Mesa de Mobilidade coa que garantir que se poidan incorporar suxestións e a adaptación da ordenanza municipal de circulación para garantir a súa correcta implantación.

“Imos seguir traballando para desenvolver ese novo modelo de cidade que se centra nas persoas e negocios, no que o crecemento turístico vaia da man do benestar da veciñanza e do impulso ao comercio local” concluíu Barral.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un autobús para a praia do Vilar”. Antón Luaces

“Un autobús para a praia do Vilar”. Antón Luaces

Foi necesario o paso de 60 anos para acadar que os habitantes da capital de Ribeira carentes de medios de transporte propios poideran desprazarse ata a praia do Vilar na tempada de verán. Esta praia é un dos máis prezados tesouros da contorna ribeirense e tardaron ben...

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

Saen dos seus fogares, todas as semanas, en busca de alimentos, medicamentos, bonos para viaxes ou algunha que outra axuda económica para gastos extraordinarios. Estas familias acoden a algunha ONG ou entidade social que as axudan desde hai décadas e mesmo, a algunhas...