O BNG demanda un plan de aproveitamento das potencialidades da planta de Servia

07 Abril 2026


A deputada do BNG no Parlamento galego, a pobrense Rosana Pérez, esixiu este martes 7 de abril á Xunta “establecer un marco de negociación coa Mancomunidade Serra do Barbanza e cos Concellos que forman parte desta institución para desenvolver conxuntamente un plan de aproveitamento das potencialidades da planta de Servia, no municipio de Lousame, na xestión sostíbel de residuos”.

Así o fixo desde a propia planta de Servia, onde a representante nacionalista solidarizouse “coa complicada situación que atravesa o cadro de persoal, especialmente o da triaxe, cuxo cadro de persoal componse maioritariamente por mulleres e que, unha vez máis, paga as consecuencias do abandono do Goberno galego, neste caso a todo modelo de reciclaxe que non sexa SOGAMA”, dixo, engadindo que “a planta de Servia chegou á súa situación actual pola nefasta xestión de gobernos do PP e do PSOE indistinguíbeis na práctica”. A parlamentaria engadiu que, a día de hoxe, a Mancomunidade e a Xunta queren impoñer a idea de que “pechar a planta é a única opción”. Pérez lembrou o “consenso” existente entre alcaldías de diferente cor, así como do cadro de persoal, sobre a necesidade de manter a actividade na planta de Servia, “un activo moi importante a preservar, un complexo viábel e con posibilidades, mais isto só é posíbel no caso de que haxa vontade por parte das administracións e, nomeadamente, da Xunta da Galiza, que até o de agora está facendo o que xa fixo durante as últimas décadas, que é dar as costas a todo o que non sexa SOGAMA”, engadiu.

Laiouse de que a Xunta non considere Servia “un activo para este país, colaborando na modernización da planta para descentralizar a xestión dos residuos, aproveitando o capital humano e aceptando o rexeite resultante do tratamento en Cerceda”. Tamén se lamentou de que o Goberno galeo forzase á Mancomunidade Serra do Barbanza a abandonar a planta de Lousame a través dunha chantaxe, sen importar as decenas de familias que dependen dos postos de traballo e sen importar a existencia dun complexo con licencias que podería ser a primeira pedra dun novo modelo de xestión dos residuos no país”, aseverou a deputada.

“Mais aínda estamos en tempo de que esta opción escollida sexa mudada por unha máis responsábel. Lousame podería ser un primeiro paso de cara a un sistema de xestión de residuos centrado na redución e a compostaxe de materia orgánica como contraposición a un modelo de SOGAMA, que incinera a metade dos residuos e non chega a recuperar unha décima parte a través da reciclaxe”, concluíu a representante do BNG.

Pola súa parte, o representante do BNG na Xunta Reitora da Mancomunidade Serra do Barbanza, Ricardo Suárez, apostou por “un novo modelo baseado na redución de residuos en orixe, a recollida selectiva, a reutilización, a reciclaxe e a compostaxe a través de plantas achegadas ao territorio e que xeren emprego. É a aposta que precisa este país para ser máis eficientes, para crear emprego sostíbel e para cumprir as nosas responsabilidades medioambientais, e isto é o que se podería (e aínda se pode) ter feito a través da colaboración entre o Goberno galego e Mancomunidade en Lousame”, destacou o tamén portavoz nacionalista en Noia, engadindo que “hai consenso social para isto, hai unha planta viable que foi abandonada e hai decenas de postos de traballo en risco. Refrotar a planta de Servia, en Lousame, require de cooperación entre institucións, e require tamén dun plan para facelo”, sinalou.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.