O BNG aposta por seguir mellorando as estradas e propón realizar a pavimentación da avenida de Ferrol

30 Abril 2026

O Bloque Nacionalista Galego emitiu un comunicado no que reclama que se mellore o pavimento na avenida de Ferrol, unha das principais arterias de entrada e saída ao núcleo urbano de Santa Uxía. “Trátase”, din, “dunha actuación demandada polos veciños e veciñas da parroquia de Deán, que levan tempo reclamando unha intervención nesta vía fundamental para a mobilidade en Ribeira”. Dende o BNG subliñan que “esta proposta é froito do contacto directo coa cidadanía” e reivindicaron que “durante a etapa de goberno xa se acometeron medidas de calmado de tráfico como poñer os reflectores, a dobre liña continua ou as bandas sonoras para garantir a seguridade viaria”. Dende a formación nacionalista aseguran “estar escoitando as necesidades dos barrios e parroquias”, porque cren que “esa é a base dunha boa acción política”, sinalan.

O exalcalde e portavoz, Luís Pérez Barral, acompañado das concelleiras Cruz Rivadulla e Veva Betanzos, dixo que durante a súa etapa á fronte do goberno municipal “xa se realizara unha primeira valoración técnica para acometer a renovación dun tramo amplo desta avenida, cun investimento estimado de 100.000 euros”. E engadiu: “Deixamos traballo avanzado e unha folla de ruta para mellorar esta infraestrutura, porque sabemos da súa importancia para a circulación”.

1,5 millóns de euros investidos na mellora das parroquias

Pérez Barral manifestou que “durante o período de goberno do BNG, destináronse un total de 1,5 millóns de euros á mellora de vías e pavimentacións en diferentes parroquias do municipio, cun reparto equilibrado e atendendo ás necesidades logo de moitos anos sen mantementos adecuados en moitas estradas do municipio”.

En Ribeira, apuntou, pavimentouse a Rodriguez Bautista, Otero Pedrayo e Mendiño; Aguiño acometéronse actuacións nas rúas Castelao, Luís Seoane, Praia da Ribeira, Francisco Lorenzo Mariño, A Cerca e Curbelo; en Corrubedo leváronse a cabo melloras na rúa do Colexio, dos Pozos e Canaval, deixando ademais preparada a avenida de Bos Aires; en Castiñeiras interviuse nas rúas Revolta, Fonteseca, Curros e no camiño dos Páramos; en Carreira realizáronse obras nas rúas da Capela, Frións, Vilar-Vixán e Mámoa-Laxes; en Olveira actuouse no lugar de Sirves e Cristal, quedando previsto ademais o acceso ás Dunas; en Oleiros executáronse diversas pavimentacións no lugar dos Muíños; en Palmeira melloráronse as rúas da Cambra e Agriña; e en Artes acondicionouse a contorna da igrexa parroquial.

Dende o BNG tamén quixeron lembrar “que moitas destas actuacións non contaron co apoio do Partido Popular da señora Sampedro”. E engadiron: “É importante que a veciñanza coñeza que estes proxectos foron planificados, tramitados e financiados previamente polo goberno do BNG”, subliñou Pérez Barral.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.