O 24 de maio celébrase no IES Félix Muriel de Rianxo a entrega de premios do III Certame Artístico “Cousas”

23 Abril 2026
O xurado e as e os responsábeis do certame

O IES Félix Muriel converterase unha vez máis en epicentro da creatividade coa celebración da entrega de premios do III Certame Artístico “Cousas” o vindeiro 24 de abril. Trátase dunha iniciativa que busca dar visibilidade ao talento artístico do alumnado e fomentar a expresión a través da imaxe e a palabra en galego, ao mesmo tempo que persegue rememorar a relevancia de Castelao e o seu legado.

O xurado, composto por profesionais como Pilar Ponte e Xabier Vázquez Parcero, vinculados ao ámbito educativo; Kiko da Silva, profesional das artes plásticas; e Leo Arremecághona, artista polifacético, poeta e docente, escolleu as obras gañadoras de entre 30 finalistas, previamente seleccionadas polo grupo Ekos, responsábel do certame, a partir das 76 creacións artísticas enviadas.

O 1º premio, dotado con 300 euros e diploma, foi para Carolina Ferreira Vázquez, alumna de 18 anos do IES Felix Muriel, pola súa obra A cadeira baleira.

O 2º premio, de 200 euros, recaeu en Ezechiel Gonzaléz Rodríguez de 15 anos, do CPR Plurilingüe Sagrada Familia, de Vilagarcía de Arousa, pola súa obra O recendo de xabón lagarto.

E o 3º premio, con 100 euros, foi para Violeta Trillo Maschi, de 15 anos, do IES Xelmírez II, pola súa creación Corazón brillante.

Ademais, outorgáronse dous accésits con diploma a Valeria Varela, alumna de 17 anos, do IES Felix Muriel, de Rianxo, por As mans que sosteñen o mundo, e a Lara Barreiro, alumna de 13 anos, do IES Felix Muriel, de Rianxo, por Votar, polo seu gran labor creativo.

O grupo de traballo Ekos, responsable da convocatoria e organización destes premios, traslada á comunidade educativa o convite ao acto de entrega dos premios, que se celebrará a partir das 12:00 horas na biblioteca do instituto rianxeiro e converterá o centro nun espazo de encontro para a creatividade e a celebración cun programa que comezará ás 12:00 horas coa recepción do alumnado premiado e dos membros do xurado, seguida ás 12:10 do canto de Grândola, de Zeca Afonso, no patio do instituto.

Ás 12:30 dará inicio o acto coa interpretación do himno galego a cargo do alumnado de 4º da ESO, acompañado pola docente Dolores Bretal, e continuará ás 12:35 coa intervención do director, Ramón Veiga, xunto coas palabras dos membros do xurado, Xabier Vázquez, Leo Arremecaghoná e Kiko da Silva.

Ás 12:50 celebrarase a interpretación de Lela por Mariña Romero, alumna de 2º de Bacharelato, e ás 12:55 procederase á lectura dos textos gañadores por parte das súas autoras e autor. O acto concluirá ás 13:20 coa despedida e a interpretación da Rianxeira polo alumnado de 4o da ESO, para dar paso, ás 13:30, a unha celebración na sala do Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega; un acto que terá lugar xusto antes da foliada que dará por finalizada a Semana do Libro no centro.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.