Noia, Outes e Lousame colaboran nun novo obradoiro dual de emprego con máis de 520.000 euros de investimento

21 Abril 2026

Os concellos de Noia, Outes e Lousame impulsarán conxuntamente o obradoiro dual de emprego Noia-Outes-Lousame 2026, trala concesión dunha subvención da Xunta de Galicia que ascende a 522.052 euros, destinada á formación e contratación de 20 alumnos-traballadores durante un período de 9 meses.

O proxecto, promovido de maneira coordinada entre os tres municipios e canalizado administrativamente a través do Concello de Noia, permitirá desenvolver actuacións vinculadas ao ámbito forestal e á mellora ambiental en distintos espazos municipais dos tres territorios.

O alcalde de Noia, Francisco Pérez, destacou que “este obradoiro supón unha oportunidade clave para mellorar a empregabilidade da veciñanza e avanzar na conservación do noso entorno natural”. Pola súa banda, o tenente de alcalde, Manolo Seijas, subliñou “a importancia da colaboración entre concellos para acadar recursos e poñer en marcha iniciativas que repercuten directamente na cidadanía”.

Desde o Concello de Outes, o alcalde Fran Calo puxo en valor “a cooperación institucional como ferramenta fundamental para atraer investimentos e xerar oportunidades laborais no rural”.

No mesmo sentido, o alcalde de Lousame, Esteban Ares, destacou que “este tipo de programas permiten combinar formación e emprego, ao tempo que se realizan melloras necesarias no territorio”.

O obradoiro inclúe especialidades formativas relacionadas coas actividades auxiliares en aproveitamentos forestais e conservación de montes, e desenvolverase en diferentes espazos dos tres concellos, contribuíndo á mellora ambiental e á prevención de riscos naturais.

As persoas interesadas en participar deberán estar empadroadas en Noia, Outes ou Lousame e é requisito imprescindible inscribirse como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) e incluír interese na formación que se oferta para poder optar a unha das prazas do programa.

Desde os tres concellos anímase á veciñanza a informarse e participar neste obradoiro, que combina formación teórica, práctica profesional e contratación laboral, constituíndo unha oportunidade real de inserción no mercado de traballo.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.