No Son, remata o plan de recuperación e protección das zonas costeiras, desde Xuño ata as Lagoas de San Pedro

01 Abril 2026

O Concello do Porto do Son informou que nas últimas datas remataron as obras de restauración e recuperación das zonas costeiras, realizado desde Xuño ata as Lagoas de San Pedro, nos areais de Furnas a Seráns.

Este proxecto, financiado a cargo do Ministerio para la Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico con fondos Next Generation da UE do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, contemplou a protección e restauración destas zonas costeiras, adaptándoas para o cambio climático e implementando estratexias mariñas e plans de ordenación do espazo marítimo.

Dende o Concello do Son engaden que a actuación perseguiu varios obxectivos como loitar contra a erosión na costa, aumentando a súa resiliencia e fortalecemento do litoral fronte aos efectos do cambio climático. “Así, levouse a cabo a instalación de novas pasarelas de madeira a ras de chan, así como tamén instalación de sinalética e eliminación de plantas invasoras”, informaron fontes do Consistorio.

Tras o remate do proxecto, o alcalde, Luis Oujo, agradeceu esta achega do Ministerio “que é fundamental para a recuperación ambiental deste espazo e que ademais xa está rematado e chega a tempo para a temporada de verán”.

O rexedor tamén lembrou “a importancia que ten está actuación tanto a nivel medioambiental como para o uso e desfrute deste fermoso espazo natural por parte da veciñanza e turistas”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.