Muros acolle este venres a proxección de “Basal”, de Ugia Pedreira

24 Abril 2026

O Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil de Muros acolle mañá venres 24 de abril ás 20.30 horas a proxección de Basal, un documental dirixido por Ugia Pedreira, que contará cun coloquio posterior coa propia artista.

A actividade enmárcase na programación cultural da Deputación da Coruña, que achega esta proposta a Muros co obxectivo de promover iniciativas culturais accesibles e de calidade.

Basal é un docudisco que retrata a vida da cantautora galega Ugia Pedreira xunto á súa filla, explorando a súa relación coa música e coa diversidade funcional. A través dun percorrido íntimo entre Galicia, Euskadi e Nova York, o filme mestura memoria, creación e emoción, reivindicando a cultura como un dereito universal.

A proposta combina imaxe e son nun formato singular que convida ao espectador a mergullarse nunha experiencia sensorial e reflexiva, marcada pola tenrura e pola forza das historias que recolle.

Ao remate da proxección, o público poderá participar nun coloquio coa propia Ugia Pedreira, unha oportunidade para coñecer de primeira man o proceso creativo do documental e afondar nos temas que aborda.

A concelleira de Cultura do Concello de Muros, Caridad González, destacou a importancia de acoller este tipo de propostas: “Seguimos apostando por unha programación que combina diferentes formatos e linguaxes artísticas. Actividades como esta permítennos achegar ao público obras comprometidas e abrir espazos de diálogo arredor da cultura”.

A entrada será gratuíta, sendo necesaria a reserva previa na billeteira electrónica do Concello de Muros ou nas oficinas do Centro Cultural e Xuvenil.

Outros artigos

Proseguen os traballos de extinción do lume de Ribasieira (O Son)

Este martes 22 de setembro segue activo o lume forestal do concello de Porto do Son, orixinado e focalizado (polo de agora) na parroquia de Ribasieira, nun lugar de difícil acceso que pola súa complicada orografía e pola precariedade dos accesos motivou onte o...

+

Noia celebra un obradoiro básico e práctico de lingua galega

O Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Noia pon en marcha unha nova actividade dirixida a persoas adultas interesadas en iniciarse no uso oral e escrito do galego: un obradoiro básico e práctico de lingua galega. A actividade formativa será de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.