Merca no Teu Comercio arrinca na Pobra, no Porto do Son e en Portosín

30 Abril 2026

A campaña Merca no Teu Comercio das federacións (coruñesa e galega) e a Xunta arrinca este mes de maio na Pobra do Caramiñal, no Porto do Son e Portosín. Entre o 1 e o 15 de maio de 2026 desenvolverase nas ditas localidades esta iniciativa publicitaria-promocional da Federación de Comercio de A Coruña, a Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia, coa colaboración da Asociación de Empresarios e Comerciantes de Pobra de Caramiñal, a Asociación de Empresarios de Portosín, entre outras entidades.

O obxectivo desta actuación, que comprende 40 campañas (10 por provincia) e 114 localidades en toda a Comunidade Autónoma galega, é “estimular as vendas nos municipios rurais galegos”, “achegar os clientes aos comercios de proximidade”, e “dinamizar o sector”. Na provincia da Coruña celebraranse 10 actuacións, englobando 28 localidades ata o mes de outubro, e repartindo un total de 10.000 euros en premios.

Poderán participar nesta campaña de Merca no teu Comercio todos os clientes que realicen compras nos establecementos retallistas de A Pobra de Caramiñal, Porto do Son e Portosín, nas datas da campaña (do 1 ao 15 de maio de 2026). Deben facelo rexistrando directamente a súa compra na web da localidade correspondente (no apartado da Pobra, no do Porto do Son e no de Portosín), a través de calquera dispositivo electrónico: móbil, tableta ou computadora.

A participación pode ser rexistrada tamén polo comerciante, se o desexa, a través da mesma plataforma, onde se pode introducir directamente a operación de compra dos clientes, duplicando deste xeito as súas opcións de gañar.

Entre os participantes nesta campaña sortearanse 1.000 euros, distribuídos en 20 tarxetas prepago de 50 euros, que deberán ser empregadas para volver a mercar nos comercios de proximidade das respectivas localidades. O sorteo realizarase o 18 de maio, e o martes 26 de maio celebrarase a entrega dos premios aos afortunados na praza do Emigrante de A Pobra do Caramiñal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.