Mats Wenzel imponse na 63ª Clásica de Pascua

13 Abril 2026

O alcalde de Padrón, Anxo Arca, acompañado polos concelleiros Chus Campos e Luis Mariño, participou activamente este domingo 12 de abril na 63ª Clásica de Pascua, sendo o encargado de dar a saída oficial da proba coa tradicional corta de cinta e formando parte posteriormente da entrega de premios aos gañadores.

O Concello de Padrón valorou “moi positivamente esta edición”, marcada polo salto da proba ao calendario internacional 1.2 da UCI como segunda cita da Challenge Futura, un circuíto que reforza o seu nivel competitivo e a súa proxección.

No plano deportivo, o triunfo foi para o corredor do Kern Pharma, Mats Wenzel, que se impuxo nun apertado sprint a Javier Cubillas (Movistar), sendo terceiro Jesús Herrada (Burgos). O ciclista do Cortizo, Maksym Bilyi, completou unha destacada actuación ao finalizar na cuarta posición. A carreira, segunda cita da Challenge Futura, estivo marcada por un alto ritmo competitivo e pola dureza dun percorrido selectivo que foi rompendo o pelotón ata conformar un grupo reducido no tramo decisivo.

A entrega de premios contou cunha ampla representación institucional e do ámbito deportivo, coa presenza de Antonio Leira Piñeiro, deputado de Deportes da Deputación da Coruña; José Vicioso, presidente da Real Federación Española de Ciclismo; Juan Carlos Muñiz Nieto, presidente da Federación Galega de Ciclismo; Tanis Vázquez, presidente do Club Ciclista Padronés; e Javier Figueroa, director de marketing de Cortizo. Tamén estiveron presentes o alcalde de Rois, Ramón Tojo, e o concelleiro de Deportes, José Luis Ares, reforzando a colaboración entre concellos.

Durante o acto de entrega, o alcalde puxo en valor o significado da proba para a vila: “A Clásica de Pascua é un orgullo para Padrón, o Club Ciclista Padronés é un orgullo para Padrón, e esta é unha cita que se consolida e que agora, con este novo impulso grazas á Federación, aínda máis. Espero que todo o mundo a desfrutara e o ano que vén volveremos estar aquí cunha gran carreira.” Arca destacou tamén o traballo colectivo que sustenta o crecemento da cita: “Isto é grazas a xeracións de persoas que traballaron moi duro para que poidamos chegar ata aquí. É o resultado: unha carreira que vai a máis nun pobo que se converte na capital galega do ciclismo”.

Neste sentido, subliñou o papel de Padrón no calendario ciclista de 2026: “Tivemos xa as Rutas Xacobeas, a Clásica de Pascua, en poucos días acolleremos O Gran Camiño e remataremos este ano coa Vuelta Ciclista Feminina. Que non teña ninguén ningunha dúbida de que Padrón é a capital galega do ciclismo”.

A xornada completouse cun ambiente festivo nas instalacións do Campus Teconolóxico Cortizo, que volveron converterse no epicentro da proba, reunindo a numeroso público arredor da saída e chegada. A programación paralela, con zona gastronómica, actividades e espazos de lecer, contribuíu a facer da Clásica de Pascua unha auténtica festa do ciclismo aberta á veciñanza e visitantes.

O Concello agradeceu o traballo do Club Ciclista Padronés, así como a implicación das institucións, patrocinadores, voluntariado e dispositivos de seguridade, cuxa coordinación fixo posible o correcto desenvolvemento dunha proba que continúa medrando en dimensión e prestixio.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.