Julián Bustelo prepara unha xira de encontros veciñais polo concello rianxeiro (haberá 12 sesións)

30 Abril 2026

O Goberno local de Rianxo comeza este mes de maio un intenso programa de xuntanzas veciñais nas parroquias, co obxectivo de escoitar de primeira man as demandas e as queixas da veciñanza e tomar nota das súas propostas.

O vindeiro martes 5 de maio, en Taragoña, iníciase unha xira de 12 encontros que rematará o 17 de xuño en Rianxiño.

As primeiras citas serán en Taragoña (o 5 de maio ás 20.00 horas no Centro Cultural) e máis en Burés (o 7 de maio ás 20.00 horas na antiga escola de Burés).

Segundo explicou o alcalde, Julián Bustelo, “no Concello de Rianxo entendemos que esta é unha boa maneira de facer política e para min un pracer ter a oportunidade de celebrar estes encontros para falar do presente e do futuro do noso municipio”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.