Falece o arquitecto e galeguista noiés, Manuel Caamaño aos 90 anos

06 Abril 2026

O arquitecto técnico, galeguista e activista cultural e político Manuel Caamaño faleceu aos 90 anos de idade, deixando tras de si unha ampla traxectoria de compromiso coa cultura e coa identidade galega tanto no país como no exterior.

Nós Diario

Nado en Noia, Caamaño desenvolveu unha intensa actividade asociativa e política ao longo da súa vida. Foi presidente da Asociación Cultural O Facho entre 1966 e 1979, etapa na que impulsou o dinamismo cultural da entidade. Nunha entrevista lembraba como chegou á presidencia tras unha elección interna na que se impuxo a Xosé María Castro, destacando o intenso labor desenvolvido posteriormente.

Caamaño foi tamén membro fundador do Partido Socialista Galego (PSG), da organización ecoloxista ADEGA, da Fundación Castelao e da Sociedade Cultural Escola Aberta, contribuíndo de maneira decisiva á articulación do movemento galeguista contemporáneo.

Nos últimos anos, formaba parte da Fundación Pedrón de Ouro e mantiña unha estreita colaboración co Museo do Pobo Galego. Nunha entrevista en 2013 salientaba a importancia de garantir a continuidade destas institucións, advertindo da necesidade de apoio social e institucional para evitar o seu esmorecemento.

A súa figura será lembrada como a dun intelectual comprometido, un activista constante e unha voz relevante na defensa da cultura galega ao longo de décadas

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.